Home  
 
 
 
 
  O Concello de Maceda comezará este luns, día 2 de febreiro, a prestar con medios propios o servizo de recollida de lixo. A prestación do servizo dun xeito directo por parte do Concello de Maceda "vai significar unha mellora considerable para os veciños e veciñas", sinala o concelleiro delegado de Medio Ambiente, José Arcos. Segundo o concelleiro, que revela que o servizo prestado ata o de agora pola Mancomunidade de Ourense estaba "certamente politizado", unhas das consecuencias que terá este cambio contitúeo o feito de que "o servizo vaise adatar ás necesidade concretas de cada pobo". En Maceda hai actualmente 53 núcleos de poboación aos que compre dar este servizo.
 
 
Maceda comeza este luns a prestar con medios propios o servizo de recollida de lixo
2 de FEBRERO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

A partir deste luns a recollida do lixo en Maceda será cousa do Concello porque se fará con medios propios. Así o anuncia o concelleiro delegado de Medio Ambiente, José Arcos.
Sina o concelleiro que unha das consecuencias que terá este cambio na veciñanza "constitúeo o feito de que o servizo vaise adaptar ás necesidades concretas de cada pobo". Segundo Arcos, Maceda conta con un total de 53 núcleos de poboación que a partir deste luns verán mellorado o servizo de recollida de residuos, ao mesmo tempo que se mantén a calidade do mesmo, "é dicir, vaise seguir mantendo o calendario de recollida", asegura José Arcos.

O concelleiro de Medio Ambiente lembra que no último trimestre do ano 2008 firmouse un convenio coa Xunta para facer posible que o Concello de Maceda recolla o lixo con medios propios. Este convenio propiciou a compra dun camión para efectuar a recollida e que está valorado en 120.000 euros.
Ata agora este servizo prestábase dende a Mancomunidade de Ourense, pero segundo precisa o concelleiro socialista José Arcos "en lugar de centrarse na xestión dos servizos, o ente mancomunado caracterízabase por estar certamente politizado". Arcos revela que "este foi un dos motivos polos que o Concello de Maceda tomou a decisión de prestar o servizo pola súa conta".
A estas razóns engádese o feito de que "resultaba excesivamente custoso manter o servizo, pois anualmente Maceda aportaba por este concepto 120.000 euros, unha cantidade que trataremos de que se reduza a partir de agora".
A firma do convenio coa Consellería de Medio Ambiente vai significar ademais, conclúe José Arcos, "que academos unha maior autonomía municipal coa recollida con medios propios do lixo no concello de Maceda".

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página