Home  
 
 
 
 
  "O programa de Becas Internacionais da Deputación está acadando un éxito espectacular, cunha gran aceptación e, o que resulta máis importante, cunha gran valoración por parte dos titulados participantes", sinalan ao respecto dende a institución provincil ourensá. Así o puido comprobar o Presidente da Deputación, José Luis Baltar, nun acto no que coñeceu a experiencia do último grupo de becarios e despediu aos 40 que na vindeira semana viaxarán a diferentes paises europeos. Sinálase dende esta institución que "a Deputación de Ourense é lider de Galicia neste tipo de programas", ao que Baltar Pumar engadiou outras 100 becas máis nos vindeiros días.
 
 
Baltar Pumar anuncia outras 100 Becas Internacionais da Deputación nos vindeiros días
29 de ENERO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

O presidente da Deputación de Ourense coñeceou este mércores as experiencias do último grupo de becarios das Becas Internacionais da institución provincial ourensán, nun acto no que, ao mesmo tempo, Baltar Pumar despediu aos 40 mozos e mozas que na vindeira semana viaxarán a diferentes paises de Europa.
O Programa Internacional de Becas da Deputación de Ourense está dirixido a diplomados universitarios ou titulados superiores que teñan os seus estudos rematados. Consiste nunha beca que recolle financiamento para a estancia durante tres meses nun país da Unión Europea, onde ademais de realizar prácticas nunha empresa do país seleccionado reciben un curso intensivo de duas semanas da lingua específica dese país. A xestión deste programa por parte da Deputación inclúe tamén un tutor que atende permanentemente as necesidades e demandas dos becarios, algo do que carecen os demais programas de becas que existen con características semellantes.

Baltar Pumar realizóu un balance "positivo" do traballo realizado ate o de agora, con 100 becarios xa en marcha. O presidente dixo que "a expectación suscitada tradúcese no grande número de persoas que se interesan por este programa e a cantidade de solicitudes recibidas para participar nel".
O máximo responsable da institución provincial engadíu que "nós queremos apostar por este tipo de programas, pola mobilidade internacional, pola aprendizaxe de linguas estranxeiras, pola adquisición de novas competencias, pola cualificación, pola mellora da empregabilidade, polo coñecemento doutras culturas e outras maneiras de traballar; apostamos por investir na maior riqueza que temos, que sodes vós e as vosas xeracións".

Tamén recordou que a Deputación de Ourense é a institución galega líder neste tipo de programas, porque "somos a entidade co maior número de prazas ofertadas de todo Galicia e a que máis fondos captamos. Somos os que máis oportunidades ofertamos neste campo e isto é para min un orgullo", subliñou Baltar Pumar.
Ao mesmo tempo, o titular da Deputación ourensá anunciou que ás 100 becas xa executadas, ao longo do presente ano realizaranse diferentes convocatorias para por en marcha outras 100 ofertas máis. A primeira convocatoria faráse pública no Boletín Oficial da Provincia a mediados do mes de febreiro, concretou Baltar Pumar.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página