Home  
 
 
 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
 

Pérez Touriño

 
  O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño,  adiantou hoxe que o Goberno que preside traballa para que na próxima lexislatura se implanten novas consultas de alta resolución que permitan que en 30 días se poidan realizar as probas de diagnose, a diagnose e o tratamento.
 
Noticias Relacionadas
  Entra en servicio la Unidad de Hemodinámica del CHOU con una inversión de 1,2 millones de euros
 
 
Touriño anunciou para a vindeira lexislatura probas de diagnose en 30 días
29 de ENERO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

“Na próxima lexislatura traballaremos para implantar as consultas de alta resolución co obxectivo de garantir que en 30 días poidamos atender", sinalou o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, ao inaugurar a nova Unidade de Hemodinámica en Ourense este mércores. Emilio Pérez Touriño explicou que se trata de implantar progresivamente estas consultas de alta resolución co obxectivo de que nas especialidades "que son precisamente as de máis uso e máis demandadas", no prazo máximo dun mes, "poidamos atender ao paciente integrando as probas á diagnose e ao tratamento".

Así mesmo, o titular do Goberno galego insistiu na necesidade de mellorar a sanidade pública galega, fundamentalmente, nas áreas e nas patoloxías con maior incidencia entre a poboación. A este respecto, avanzou a posta en marcha do Programa Especial de Prevención e Detección do cancro de colon rectal, que pretende poñer en marcha medidas específicas encamiñadas á mellora da sanidade pública galega neste campo.

"Tamén poremos en marcha a extensión de novos dereitos", incidiu o titular do executivo galego explicando que "por iso, imos estender a gratuidade da pílula anticonceptiva para que sexa totalmente asimilada polo servizo público de sanidade na nosa comunidade". "É unha obriga de todo responsable público comprometer recursos, toda a súa capacidade e a súa entrega e vocación para mellorar a sanidade pública", apuntou.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página