Home  
 
 
 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
 

Ana Garrido

 
  Un total de 639 escolares de 16 centros da cidade tomarán parte a partir deste mércores nos "Encontros co autor", unha acitvidade dirixida a fomentar a lectura entre os máis cativos. A iniciativa é da Concellería de Educación, e autora convidada este ano é An Alfaya. Ás 10 da mañá no colexio Padre Feijóo.
 
 
An Alfaya nos "Encontros co autor" da Concellería de Educación que comezan este mércores  
28 de ENERO de 2009: OURENSE DIXITAL

A Concellería de Educación do Concello de Ourense, dentro do Programa de Animación á Lectura para escolares, inicia este mercores, día 28, ás 10 da mañá no colexio Padre Feijoo, a actividade "Encontros co autor". Esta actividade terá este ano terá como autora convidada a An Alfaya.
A iniciativa está dirixida a escolares de 5º de Educación Primaria, que xa antes do Nadal recibiron nas aulas exemplares (un para cada neno) do libro da autora “Zoe e Azor”.

Haberá diferentes sesións o longo de dous días, para atender ós 639 alumnos  participantes de 16 centros escolares da cidade: os CEIP O Couto, Albino Núñez, A Ponte, Amadeo Barroso, As Mercedes e Inmaculada, CPR Padre Feijóo Santo Angel, Divino Maestro, Luis Vives, Divina Pastora Guillelme Brown, San Pío X Santa Teresa de Jesús San José e María Auxiliadora.

Volver atras
Imprimir Página