Home  
 
 
 
 
  O Concello de Ourense e a Consellería de Política Territorial de Xunta de Galicia acordaron esta luns adxudicar nos próximos días a reforma da Avenida de Zamora, no seu tramo final comprendido entre a glorieta de Nosa Señora da Saínza e o acceso ó Pazo dos Deportes Paco Paz, cun investimento de 1,5 millóns de euros. Esta decisión tomouse na reunión da comisión de seguimento do convenio asinado no seu día entre o Concello e a Consellería de María José Caride para a execución de obras de mellora de diferentes viais na cidade. A día de hoxe están en execución as obras de reforma de Celso Emilio Ferreiro, Río Arnoia, Adrio Menéndez, Rei Soto e Vicente Risco.
 
 
Reformar o treito final da Avenida de Zamora ata os acceso ao Paco Paz, custará 1,5 millóns de €
27 de XANEIRO de 2009: OURENSE DIXITAL
O Concello de Ourense e a Consellería de Política Territorial acometerán a reforma do segundo tramo ou treito final da Avenida de Zamora, o tramo que vai dende a rotonda de Nosa Señora da Saínza ate o acceso ao Pazo Paco Paz. As

obras suporán un investimento de 1,5 millóns de euros, e faranse con cargo ao convenio asinado no seu entre Francisco Rodríguez e María José Cardide, alcalde e conselleira de Política Territorial, respectivamente.

A este esfectos celebrouse unha xuntanza este lunes da comisión creada no seu díapara desenvolver dito acordo, co obxectivo de realizar unha avaliación do desenvolvemento deste convenio de colaboración, que prevé un investimento total de 8 millóns de euros en actuacións de reforma e mellora de máis dunha ducia de estradas de titularidade autónomica que atravesan a cidade de Ourense.
Viais dos que, unha vez reformados, pasarán a ser titularidade do Concello.

Repasada a situación, constatóuse que están en marcha obras en cinco rúas da cidade con cargo a este convenio, que supoñen un investimento total de 1,8 millóns de euros, e que son:

- Beirarrúas e servicios na rúa Celso Emilio Ferreiro, cun investimento de 689.451 euros
- Acondicionamento de talude e mellora de pavimento, calzada e beirarrúas na rúa Río Arnoia, por 805.000,04 euros
- Arranxo de pavimento e beirarrúas nas rúas Adrio Menéndez e Rei Soto, por importe de 230.000 euros.
- Arranxo de pavimento e beirarrúas na rúa Vicente Risco por importe de 136.000 euros

Dúas obras máis

Este investimento elevarase ata os 3,8 millóns de euros, co inicio doutras dúas actuacións.
Concretamente, nos próximos días comezará a execución das obras de beirarrúas e servicios na rúa Marcelo Macías, por importe de 518.352,31 euros.
A seguinte obra en comezar será a xa mencionada, a de mellora do firme, calzada e construcción de beirarrúas no tramo final da Avenida de Zamora, dende a glorieta coa rúa Nosa Señora da Saínza ata o acceso ó Pazo dos Deportes Paco Paz. Neste punto, proxéctase unha glorieta que mellore as condicións de circulación de vehículos e seguridade viaira neste entorno. O proxecto será adxudicado nos próximos días e suporá un investimento de 1,5 millóns de euros.

REDACCIÓN de Ourense Dixital
Volver atras
Imprimir Página  
 
REDACCIÓN de Ourense Dixital
       
REDACCIÓN de Ourense Dixital