Home  
 
 
 
 
  Polo IES Blanco Amor da capital ourensá comeza este martes un ciclo de charlas formativas sobre Primeiros Auxilios. Van dirixidas a alumnos da ESO da cidade, e están organizadas polo Concello de Ourense desde a Concellería de Educación en colaboración coa Concellería de Tráfico. Forman parte do Programa Municipal de Educación Viaria e serán impartidas polos voluntarios de Protección Civil.
 
 
Comeza este martes un ciclo de charlas sobre Primeiros Auxilios para  1.273 escolares de ESO  
27 de XANEIRO de 2009: OURENSE DIXITAL

A Concellería de Educación do Concello de Ourense, en colaboración coa Concellería de Tráfico, iniciará este martes, 27 de xaneiro ás 12.00 horas, no IES Blanco Amor un ciclo de charlas formativas nos centros educativos, sobre Primeiros Auxilios dirixidas a alumnos da ESO. As charlas forman parte do Programa Municipal de Educación Viaria e serán impartidas polos voluntarios de Protección Civil.
Dende este mes de xaneiro ata o de maio esta actividade desenvolverase en 22 centros de ensino públicos e concertados da cidade do 4º ciclo da Primaria e da ESO, contando coa participación dun total de 1.273 alumnos.

As charlas, de dúas horas de duración, incluirán Primeiros auxilios no caso dun accidente de tráfico coma peón, ciclista, ciclomotorista ou ocupante dun vehículo e actuacións nun accidente no fogar, e unha actividade complementaria consistente nunha visita a ambulancia asistencial, e explicación dos diferentes aparellos empregados nun accidente.
Volver atras
Imprimir Página