Home  
 
 
 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
 
  Con máis de cen representantes de diversos colectivos da provincia de Ourense, prevé reunirse a Secretaria de Igualdade do PSdeG-PSOE e número 2 da lista dos socialistas por Ourense, Laura Seara Sobrado. Estes encontros abríronse este lunes coa Asociación de Mulleres Separadas e Divorciadas. Para Seara trátase dun ciclo de encontros moi importante, xa que, dixo, "eles foron durante estos catro anos os auténticos dinamizadores e motores do cambio".
 
 
Laura Seara abre un ciclo de encontros en Ourense "cos auténticos dinamizadores e motores do cambio"  
27 de ENERO de 2009: OURENSE DIXITAL

A Secretaria de Igualdade do PSdeG e candidata número dous ao Parlamento Galego pola provincia de Ourense, Laura Seara Sobrado, iniciou este lunes coa Asociación de Mulleres Separadas e Divorciadas un ciclo de encontros que levarán aos membros da candidatura a reunirse con máis de cen representantes de diversos colectivos, tanto da cidade como do resto da provincia. Seara destacou a importancia destas reunións con axentes sociais, culturais, económicos e sindicais xa que "eles foron durante estos catro anos os auténticos dinamizadores e motores do cambio". "Durante os últimos catro anos, temos dado pasos que xa non teñen marcha atrás en materia de igualdade", sinalou Seara Sobrado neste contexto.

Seara lembrou que para o PSOE as políticas de igualdade son políticas imprescindibles e por iso impulsáronse medidas a favor como a Lei de Igualdade, a reforma da lei do aborto e o importante marco lexislativo en materia de violencia de xénero, entre outras. Dende o PSOE, sinalou, "temos dado pasos importantes nos últimos catro anos".
Así mesmo, Laura Seara mostrouse compracida de que a primeira desta serie de reunións fose coa Asociación de mulleres Separadas e Divorciadas "xa que ésta entidade é unha asociación histórica, moi querida para os socialistas e que presta ademáis unha importante tarefa de traballo e concienciación social", sinalou a Secretaria de Igualdade do PSdeG-PSOE.

Volver atras
Imprimir Página