Home  
 
 
 
 
  En Trives, onde o cabeza de lista do BNG por Ourense celebrou este domingo un acto de pre campaña, Alfredo Suárez Canal aludiu ao recente Concurso Eólico para sinalar que "a Consellería de Industria mudou unha situación da que só se beneficiaban as grandes empresas de fóra sen ningún tipo de control". Segundo Suárez Canal, si a situación tivera mudado antes, en días de temporal como estes Galicia non estaría padencendo, por exemplo, os curtes de enerxía eléctrica "que padece sobre todo o rural".
 
 
Suárez Canal alaba o Concurso Eólico de Industria, que di que "muda" a situación en Galicia
26 de ENERO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

En A Pobra de Trives, onde o número 1 do BNG por Ourense celebrou un acto pre electoral este domingo, Alfredo Suárez Canal explicou que o xeito de entender e exercer a política do BNG é estando ao servizo do pobo, "facendo que os seus recursos redunden no beneficio público", para o cal o conselleiro de Medio Rural da Xunta de Galicia puxo como exemplo o recente e controvertido Concurso Eólico.
Sinalou Suárez Canal que "a Consellería de Industria mudou unha situación da que só se beneficiaban as grandes empresas de fóra sen ningún tipo de control", e aludiu ao temporal que Galicia sofre este días decindo que "hoxe estamos padecendo as súas consecuencias, en situacións, por exemplo, como a de hoxe de temporal, con curtes de enerxía eléctrica que padece sobre todo o rural".

"Nós non instalamos no poder, para nós non cabe a resignación, esta non entra no noso código político porque nós cremos no pobo, na xente e nas nosas capacidades, esta é a concepción que nós temos do Goberno", sinalou o cabeza de lista do BNG por Ourense, que se referiu ás enormes potencialidades do pais para desenvolver un modelo económico baseado na economía productiva, "a mellor fórmula para facer fronte á crise mundial", sianlou Suárez Canal.
Crise que, según o candidato nacionalista, é "consecuencia do modelo especulativo".
Segundo Suárez Canal, así a todo, "hai motivos para a esperanza, incluso nun contexto como o actual".

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página