Home  
 
 
 
 
  A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Maceda, que dirixe a socialista e tenente de alcalde Ana María Rodríguez, ven de anunciar actividades de memoria e psicomotricidade para os veciños de oito pobos desde Concello. Sinala a concelleira que foi preciso para elo "facer un esforzo de programación" dende o Concello, pero que paga a pena, tanto porque os veciños o demandan, como polo feito de que é preciso seguir a aumentar a calidade de vida das xentes que viven no rural.
 
 
Maceda amplía as actividades para os maiores que vivien no rural deste Concello  
26 de ENERO de 2009: OURENSE DIXITAL

"Tivemos que facer un esforzo de programación para poder achegar estas actividades a todos os pobos que o demandan, pero a participación é moi satisfactoria, contribúe a finalidade de achegar ós pobos accións que aumenten a calidade de vida dos nosos maiores, de xeito que vivir no rural  non impida realizar actividades que favorecen a autonomía persoal e as relacións sociais, obxectivo do Programa".
Así explica a concelleira de Servizos Sociais e tenente de alcalde do Concello de Maceda, a socialista Ana María Rodríguez, o "esforzo" que sinala ven de acometer este Concello para organizar unha serie de actividades para persoas maiores en oito localidades de Maceda.

En tres pobos, Castro de Escuadro, Santiso e Carguizoi, 40 persoas maiores comezan na primeira semana de febreiro un taller de Memoria impartidos pola Psicóloga do CIM e a Educadora Social do Concello.
Noutros cinco, Casetas do Rodicio, Xinzo, Tioira, Foncuberta e Pías, outras 60 persoas maiores realizan actividades de psicomotricidade favorecedoras da coordenación e relaxación dinamizadas pola Educadora Social do Concello.
Asemesmo na vila, no Edificio Multiusos, comezará un Taller de Memoria impartido pola Psicóloga do CIM, sinala a concelleira.

As actividades desenvólvense semanalmente de once a doce e media da mañá.
Ademáis, este mesmo luns, día 26, remata o Taller de Memoria en Pías, o 28 en Tioira e o 30 en Foncuberta, talleres desenvolvidos ao longo dese pasado cuatrimestre.

Volver atras
Imprimir Página