Home  
 
 
 
 
  "Unha persoa que nin está nin se lle espera nada máis que por Internet". Ese é o cabeza de lista do PP por Ourense para a Secretaria de Igualdade do PSdeG-PSOE e número 2 por Ourense, Laura Seara. Para quen ao PP lle sigue estorbando a paridade e a súa Lei, xa que a socialista repara no feito de que nos postos de saída do Partido Popular por Ourense, tan só hai dúas mulleres.
 
 
Laura Seara di que ao PP a paridade estórballe, e ao seu número 1 só se lle espera por Internet
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
24 de ENERO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

A Secretaria de Igualdade do PSdeG e candidata número dous ao Parlamento Galego pola provincia de Ourense, Laura Seara, manifestou este venres a súa sorpresa e decepción ao comprobar que "nos primeiros oito postos das listas do PPdeG en Ourense tan só hai dúas mulleres". Seara pregúntalle ao PP cómo poden pedir  confianza ás mesmas mulleres que despois eles non apoian nas súas políticas. Ao mesmo tempo ironiza sobre se esa é a confianza que ten este partido nas mulleres da provincia.

Seara engadiu ademais, con respecto ao seu número un, que "dos 320.000 cidadáns da provincia de Ourense non lle serviu ningún ao Sr. Feijoo para que liderara a candidatura ourensá do PP", polo que puxo a unha persoa que é de Lugo, que vive en Vigo e que "pretende contactar coa provincia de forma cibernética", sinala Seara Sobrado. "Unha persoa que nin está nin se lle espera nada máis que por Internet, como dixo el mesmo", referíndose as declaracións de Luis Carrera nas que afirmou que hoxe gracias á rede un pode estar en calquera lugar do mundo.

Con respecto a que a lista cumple o mínimo que di a Lei Electoral en canto a paridade, a Secretaria de Igualdade socialista reafirmouse en que "a Lei de Igualdade segue sendo un estorbo para o PP. O único que demostra o seu comportamento é que non entenderon nada nin do espírito da lei nin do que significa".

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página