Home  
 
 
 
 

Alvaro Vila, voceiro do PSdeG-PSOE de Taboadela

 
  Tan cumprido de ideas anda o rexedor municipal de Taboadela e o seu Grupo de Goberno, di o PSdeG-PSOE, que este Concello inclúe como proxectos que presentará ao Fondo de Estatal de Investimentos Locais tres tramos de beirrarúas que están nunha estrada da que non é titular o Concello. Esto, contando con que a administración titular da estrada non poña reparos ás obras, vai significar que o Concello de Taboadela lle aforrará cartos a outra administración a costa de proxectos que, segundo o voceiro socialista, lle veñen demandando ao Concello os veciños.
 
 
Taboadela quere obrar con cargo aos Fondos Locais nunha estrada da que non é titular o Concello  
23 de ENERO de 2009: OURENSE DIXITAL

O rexedor de Taboadela, Manuel Gallego, "demostra unha vez máis a falta de proxecto e o desgoberno que existe no seno do seu grupo", sinala o voceiro do PSdeG-PSOE neste Concello, Alvaro Vila, ao aprobarse proxectos que inclúen a construcción de beirarrúas en tres tramos diferentes da mesma estrada. O voceiro do PSdeG sinala que esta carretera non é de titularidade municipal, polo que os traballos lle competen a outra administración.
As beirrarúas a construir están no núcleo de Taboadela (67.190 euros), no acceso ó polideportivo (110.400 euros) e na travesía de Espiñedo, con un investimento de 119.750 euros.

Vila Araújo sinala que, pola contra, volven quedar esquecidos proxectos prioritarios para a veciñanza. "Unha das necesidades que ten constatado o propio Grupo Socialista e que teñen manifestado os veciños en reiteradas ocasións é a construcción na capitalidade dun centro para celebrar reunións e encontros", sinala o voceiro socialista. Os propios socialistas propuxeron a finais de decembro que se aproveitase os investimento que ía recibir Taboadela do Fondo Estatal para construir un centro sociocultural para dar cabida a todo tipo de actividades dinamizadoras deste concello e tamén coma lugar de encontro veciñal.

Dende o PSdeG se lamentan de que o rexedor non consensúe coa oposición as obras a incluir no Fondo Estatal, e que o seu grupo non tivera siquera a oportunidade de que se crease un debate en torno ás necesidades e prioridades. "A distribución dos fondos poderíase ter feito doutro xeito, pois construir tres tramos de beirarrúas nesta estrada non vai contribuir a dinamizar o concello creando infraestructuras que si son reclamadas pola veciñanza", sinála Álvaro Vila.

Volver atras
Imprimir Página