Home  
 
 
 
 
  A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou esta mañá nove proxectos elaborados pola Concellería de Medio Ambiente, que o Concello presentará ante o MAP para o seu financiamento con cargo ó Fondo Estatal de Investimento Municipal. Os proxectos teñen como finalidade a dotación de novas zonas verdes, mellora das xa existentes e da rede de saneamento de augas en diferentes barrios da cidade. Na mesma sesión, o Concello aprobou os proxectos de eliminación de barreiras arquitectónicas nos barrios de O Couto e A Ponte, e iniciou o proceso de adxudicación doutras dúas obras xa aprobadas polo Goberno Central, para o seu financiamento con cargo ó fondo estatal, que suporán un investimento de 532.382,12 euros. O novo paquete de obras ao Fondo Estatal de Investimento Locais está preto de 1,5 millóns de euros. Na mesma sesión aprobouse a RTP deste 2009. Sen máis comentarios ao respecto.
 
Noticias Relacionadas
  Noticia 1
  Noticia 2
 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
Marga Martín, Servicios Sociais, Demetrio Espinosa, Medio Ambiente, y el alcalde, Francisco Rodríguez
Ourense completa a oferta de obra do Fondo Local con 9 proxectos por 1,5 millóns de euros máis
23 de ENERO de 2009: OURENSE DIXITAL

Tal e como estaba previsto, a Xunta de Goberno Local de Ourense volveu a reunirse este xoves para rematar o procedemento de presentar proxectos ao Fondo Estatal de Investimentos Locais, ata totalizar os casi 19 millóns de euros que lle corresponden a cidade.
Trátase de nove proxectos cuantificados, 7 por conta da Concellería de Medio Ambiente e 2 elaborados pola de Benestar Social en materia de eliminación de barreiras arquitectónicas, que totalizan 1,5 millóns de euros. As cantidades nas que se moven estes proxectos oscilan entre os 349.000 e os 74.545 euros.

- Mellora de Praza 500 e arredores en Barrocás.

Cun orzamento de 126.000,13 euros, o proxecto ten como finalidade crear unha zona de ocio e disfrute para os veciños e persoas que viven nesta praza e os seus arredores, mediante a mellora da zona verde e do parque infantil así como dos camiños de acceso a este.
A actuación consistirá na mellora da praza e os seus accesos, colocación de novos columpios e xogos para nenos, instalación de pavimento de caucho e de novas unidades de mobiliario urbano.

- Mellora do parque infantil e Praza Ferro Couselo, no barrio de Vistahermosa por importe de 180.000 euros.

O emprazamento a mellorar atópase na rúa Isaac Piñeiro Varela e a Praza Ferro Couselo e o proxecto ten como finalidade crear unha zona de ocio e disfrute para os nenos e outra para as persoas maiores mediante unha ampliación e reorganización deste espacio, que se distribuirá en 4 áreas: parque infantil, zona de estar, zona de petanca e zona de aparcamentos.
A actuación inclúe tamén a colocación de caucho na zona de xogos e de novas unidades de mobiliario urbano.

- Mellora do entorno da Praza de As Camelias, por importe de 99.925,04 euros.

As obras a realizar consistirán na eliminación das soleiras existentes, bordillos, muros de separación e os actuais parterres de xardinería para realizar un novo diseño da zona. Solucionarase o problema actual de eliminación de augas pluviais cunha axeitada pendente na praza, e construirase un sistema de saneamento con catro rexillas sumideiro conectadas á rede de saneamento municipal.
Ademais, se acondicionará unha zona central cunha fonte de diámetro 5 m. rodeada por unha zona verde de 2 m. e catro proxectores de iluminación. Estas medidas suporán unha mellora do entorno e será accesible para persoas con mobilidade reducida.

- Saneamento na marxe esquerda do Barbaña entre Pozo do Inferno e Rúa Carriarico, por 88.384,22 euros

As obras a realizar consistirán en completar a rede de saneamento na marxe esquerda do Barbaña entre Pozo Inferno e Rúa Carriarico. A finalidade da mellora é a recollida e canalización de augas residuais de varias edificacións, que actualmente desaugan directamente ó río Barbaña. as augas serán canalizadas á rede de saneamento municipal mediante dous bombeos -un en cada extremo- totalmente automatizados e con bombas trituradoras, para evitar atascos e acadar un funcionamento continuado sen problemas.

- Outros proxectos medioambientais

- Mellora do Parque Praza da Lexión, por importe de 131.860 euros
- Mellora do Parque Jesús Pousa 86.196,32 euros
- Mellora da rede de augas na rúa Mestre Vide, por un importe de 74.545,42 euros.
- Saneamento da rúa Federica Monseny
- Melloras na Praza Daniel González

- Supresión de barreiras arquitectónicas no barrio de O Couto, cun investimento de 349.569,35 euros, e no barrio de A Ponte, por 315.411,56 euros.

Licitación de obras por importe de 532.382,12 euros

O igual que xa ocurrira na sesión do pasado luns, na deste xoves a Xunta de Goberno Local seguiu aprobando os expedientes de contratación de máis obras das 10 xa aprobadas polo MAP. Agora aprobáronse os expedientres doutras 2, co que están pendentes de facelo xa só outras tantas, 2, do lote das dez primeiras.
As duas obras aprobadas este xoves supoñen un investimento de 532.382 euros.

- Reforma de local de planta baixa para equipamento sanitario para educación e promoción da saúde, por un importe de 180.000 euros.

- Obras viarias para reforma e acondicionamento do enlace peonil da Avda. de Marín coa Avda. de Santiago na súa intersección, por un importe de 352.382,12 euros.

Volver atras
Imprimir Página