Home  
 
 
 
 
  Ricardo Varela, conselleiro de Traballo, asinou en Ourense este mércores un acordo de colaboración entre a Consellería de Traballo, a Fegamp e a Asociación de Balnearios de Galicia. Esta colaboración permitirá unha planificación e xestión dende as administracións locais para a integración dos investimento termais en proxectos de desenvolvemento integral do territorio, sinalou Varela. O conselleiro de Traballo destacou que o emprego nos servizos de lecer e de xestión da auga é unha destas oportunidades non desenvolvidas o suficiente e que se amosa como unha oportunidade de creación de postos de traballo.
 
Noticias Relacionadas
  Noticia 1
  Noticia 2
 
Varela sinala que o Termalismo é unha oportunidade de traballo aínda pouco ben aproveitada
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
22 de ENERO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

O conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, destacou este mércores en Ourense, a donde acudíu para asinar un acordo de colaboración coa Fegamp e a Asociación de Balnearios de Galicia, a potencialidade e oportunidades de emprego que ofrecen os novos xacementos de emprego, como é o caso do emprego nos servizos do lecer e de xestión da auga. Varela sinalou que esta actividade "é unhas das oportunidades non desenvolvidas o suficiente e que, na actualidade, amósanse como unha oportunidade de creación de emprego". Explicou que o turismo termal, a diferenza doutros tipos de turismo, é estable ao longo do ano, obtendo ratios de ocupación media do 85%, o que garante a estabilidade no emprego.

Varela informou de que outros dos retos son multiplicar o seu efecto na xeración de inversións, creación de empresas e emprego e no desenvolvemento dos territorios nos que se asentan, principalmente rurais, colaborando a evitar o seu despoboamento; mellorar a empregabilidade dos traballadores a través da adquisición de experiencia profesional en ocupacións ligadas aos novos xacementos de emprego; e fomentar o emprego a través da creación de postos de traballo en ocupacións vinculadas co turismo termal.

Por outro lado, explicou que se creará un equipo central vinculado á sección de concellos con augas minerais e termais da Fegamp, coa finalidade de coordinar o conxunto de actuacións e apoiar a todos os concellos e de analizar, diagnosticar e deseñar programas de desenvolvemento territorial e inserción laboral.
Este equipo tamén fomentará a contratación de axentes termais co obxectivo de que adquiran experiencia profesional e propiciará a formación dos traballadores en activo dos balnearios e dos desempregados como auxiliares de técnicas termais, dietética e nutrición, apuntou. A posta en marcha desta actuación implica un orzamento de preto dun millón de euros nos 31 concellos implicados.

Ourense conta con 12 concellos con augas termais e medicinais que forman parte da Fegamp, que son Arnoia, Baños de Molgas, Boborás, Carballiño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Lobios, Maside, Ourense, Punxín, Ribadavia.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página