Home  
 
 
 
 
  A representación da obra teatral "QTMeto" ocupará o Auditorio Municipal desta ciudade este martes e o mércores, 20 e 21 de xaneiro, respectivamente. Esta representación teatral está organizada pola Concellería de Sanidade do Concello de Ourense, e vai dirixida a un público de idades comprendidas entre os 13 e os 18 anos. Un total de 1906 alumnos e 102 profesores da cidade asistirán ó espectáculo, que terá dúas sesións diarias, ás 10:30 e as 12:30 horas.
 
 
"QTMeto" traslada ao escenario do Auditorio de Ourense o acoso escolar e a violencia en xeral
20 de ENERO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

O Auditorio Municipal de Ourense acolle este martes, día 20, e o mércores, día 21, a representación da obra teatral "QTMeto", a que está previsto que asistan un total de 2.000 persoas, 1.906 alumnos e 102 profesores de centros da cidade que están invitados a esta función.

A obra, que vai dirixida a un público de idades comprendidas entre os 13 e os 18 anos, entra no debate sobre o fenómeno do acoso escolar e a violencia en xeral que domina as relacións sociais, empregando a sorpresa, a variedade e o contraste. Aínda que está dirixido a

xoves, o tratamento directo e desenfadado dos temas tratados fará que o público máis maduro se sinta identificado. O espectáculo consiste nunha sucesión de escenas independentes que nun ritmo trepidante e cunha gran liberdade dramatúrxica servirá para construir cada escena dende unha proposta pástica e de linguaxes diferentes.

Para construir as escenas, emprégase a comicidade e o absurdo como recursos teatrais, para conseguir relativizar a moralidade da mensaxe transmitida e porque permiten unha lectura personalizada por parte de cada espectador segundo a súa experiencia particular.

Máis concretamente, o espectáculo tratará sobre a violencia do mundo adulto e de como é interpretada polos xoves, sobre a violencia que transmiten os medios de comunicación e da violencia contra os animais. Ademais, reflexionará sobre a soidade das víctimas e o silencio que se establece ó redor de todo acto de acoso, onde os testigos, case sempre, prefiren calar.

 
Volver atras
Imprimir Página