Home  
 
 
 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
 

Xosé Manuel Fírvida

 
  No vindeiro pleno do Concello de Barbadás, o BNG xa anuncia que lle pedirá ao alcalde que adapte as subas no recibo da auga ao IPC real, a non ser que queira que o incremento que pretende aplicar teña fins estrictamente recadatorios. Os nacionalistas sinalan que o IPC real do 2008 é o do 1,5% de suba, e non o 4,5% que lle queren aplicar os de Freire Couto ao recibo da auga. E por riba, sinala Xosé Manuel Fírvida, compre ter en conta que este imposto xa subiu no 2008 un 41%.
 
 
O BNG en Barbadás reclama ao alcalde unha suba no recibo da auga acorde o IPC de 2008 real  
16 de ENERO de 2009: OURENSE DIXITAL

O BNG de Barbadás anuncia que solicitará no vindeiro pleno que se aplique unha suba no servizo de abastecemento de auga do 1,5% no lugar do 4,5% aprobado fai catro meses, cando o IPC interanual marcaba ese nivel. O nivel real, nembargantes, é do 1,5%, recalca o BNG.
Os nacinalistas de Xosé Manuel Fírvida, voceiro, argumentan que "as taxas e impostos municipais deben estar parellos aos costes que representa a prestación do servizo, e en nengún caso debe supor unha mayor carga financeira para as familias do concello".

Por riba, os nacionalistas advirten que este imposto municipal xa sufríu no ano 2008 un incremento do 41% debido ás novas taxas sobre saneamento aplicadas o pasado ano. O que significa que unha familia do Concello de Barbadás paga polo mesmo consumo até un 11% máis que unha da capital ourensá. Esto tendo en conta tamén que en Barbadás e en Ourense a adxudicataria do servizo é a mesma empresa, Aquagest, e que os dous concellos sanean as súas augas residuais a mesma depuradora, a de Reza.

Os edis nacionalistas consideran que o incremento das taxas e impostos municipais "deberían conxelarse atendendo aos difíciles momentos económicos que atravesamos", e que en todo caso, os aumentos non deben estar por riba da taxa do IPC interanual a finais do ano 2008, que foi do 1,5 %.
Os representantes do BNG consideran que "non sería xustificábel facer recaer sobre as familias unha maior presión fiscal da que xa soportan, e só se entendería por un afán recadatorio desmesurado", sinala o voceiro do BNG, Xosé Manuel Fírvida.

Volver atras
Imprimir Página