Home  
 
 
 
 
  O Concello rehabilitará un inmoble da Praza da Imprenta no que unificará tódalas dependencias e servicios da Área Municipal de Facenda. Así o ven de aprobar a Xunta de Goberno Local na súa reunión deste xoves. Na que, ademais, se aprobou tamén proxectos en As Curuxeiras, Antonio Puga, San Francisco, Pozas do Maimón e mellora de alumeado público en núcleos rurais, así como se adxudicou a redacción do anteproxecto de reforma da Praza de Abastos e a compra de dous automóbiles híbridos para o Parque Móvil do Concello. Así mesmo, a Xunta de Goberno Local, aprobou, entre outros, o proxecto de rehabilitación do conxunto de traseiras na rúa Antonio Puga 36-68 (traseiras a Río Barbaña), por un importe de 198.810,34 euros, que se remitirá ao MAP para incluído no Fondo Estatal de Investimentos Locais.
 
 
Ourense aprobou este mesmo xoves outros 6 proxectos para o Fondo Estatal de Investimentos
16 de ENERO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

O Concello de Ourense rehabilitará o edificio sito na Praza da Imprenta, nº 2, no que proxecta unificar tódalas oficinas administrativas e de atención ó público da Área Municipal de Facenda. A Xunta de Goberno Local deste xoves aprobou a primeira fase desta intervención, e a solicitude do seu financiamento con cargo ós Fondo de Investimento Municipal creado polo goberno central, cun orzamento de  390.663,49 euros.
O proxecto, segundo informa o Concello, permitirá reunir nun mesmo inmoble os diferentes departamentos de Facenda que actualmente se ubican en distintas dependencias municipais, para unha maior comodidade e servicio ós seus usuarios, ao  tempo que dotar das mellores instalacións para o funcionamento desta área  municipal, contribuindo á rehabilitación e dinamización social da zona sur do Casco Vello.

A intervención platexa a rehabilitación do inmoble, composto por baixo, tres plantas e aproveitamento baixo cuberta, cunha superficie de 219,52 metros cadrados, en forma de L, con fachadas cara á Praza da Imprenta e á rúa Colón.
O proxecto redáctase de acordo co establecido no Plan Especial de Reforma Interior do Casco Vello, que outorga protección a este edificio, do que a última ampliación foi proxectada por Daniel Vázquez Gulías no ano 1917, e que ata a súa adquisición por parte do Concello estaba dedicado a vivenda, con dous baixos comerciais en planta baixa.

Máis proxectos do Fondo de Investimento Local

Na mesma sesión, aprobáronse outros proxectos que o Concello solicitara ao MAP a súa inclusión no Fondo Estatal de Investimento Local, e entre os que se atopa a rehabilitación das traseiras da rúa Antonio Puga, nos inmobles comprendidos entre os números 36 e 26, traseiras que miran ao río Barbaña e que, ao igual que as de Pena Trevica, se pretende adecentar. Este proxecto supón un investimento de 198.810,34 euros.

Os restantes 4 proxectos que van ao Fondo de Investimentos Locais son:

- Proxecto de actualización e reformado de pavimentación da rúa da Torre nas Curuxeiras, por un importe de 82.297 euros.

- Proxecto de ampliación e mellora do alumeado público en Castro, Cruz Alta, A Ponte, Santa Ana, Santa Mariña, Vilar, Vista Fermosa, Zaín, Beiro, Mende, Untes, Velle, Rairo, Santa Cruz de Arrabaldo, Seixalbo e Otero Pedrayo-Asunción, por un importe de 116.561,44 euros.

- Proxecto de reposición de pasarela peonil en San Francisco, por un importe de 229.868,35 euros.

- Proxecto básico e de execución de pavillón destinado a restaurante no parque das Pozas do Maimón, por un importe de 228.896,85 euros.

Rehabilitación da Praza de Abastos

Na mesma sesión, a Xunta de Goberno Local acordou adxudicar provisionalmente a redacción do anteproxecto das obras de rehabilitación do edificio da Praza de Abastos nº 1 de Ourense e Rianxo, a OIKOS ESTUDIO, S.L.P., por un importe de 58.799 euros.

Por outra banda, adxudicouse definitivamente o contrato de subministro de dous automóbiles híbridos para o parque móvil do Concello de Ourense, á empresa CENDÓN AUTOMOCIÓN, S.L., por un prezo de 48.720 euros.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página