Home  
 
 
 
 
  A Concellería de Educación do Concello de Ourense inicia a actividade “Dalle forma ós teus contos”, enmarcada dentro do programa Animación á Lectura. Está dirixida a escolares de Educación Infantil (4 e 5 anos), e comeza este mércores, 14 de xaneiro, no CEIP Irmáns Villar, coa participación de 90 alumnos. En datas sucesivas participarán novos grupos de escolares, ata un total de 620 alumnos de 10 centros educativos da cidade.
 
 
O Concello de Ourense inicia a actividade "Dalle forma ós teus contos"  
14 de ENERO de 2009: OURENSE DIXITAL

“Dalle forma ós teus contos” consiste fundamentalmente na realización de libros escritos e ilustrados por parte dos rapaces a partir da visita dunha especialista que motivará ós alumnos co libro de arte, pois o tema globalizador da campaña de Animación á Lectura deste ano é “Literatura e arte”. A actividade consta de tres fases:

- Motivación: unha especialista realizará a motivación directamente na aula, empregando un conto sobre arte para contárllelo ós rapaces.
- Realización: proposta de libro-forma, para que o profesorado o realice cos seus alumnos.
- Exposición: os libros realizados exporanse na XX Exposición de literatura infantil que organizará o Concello, no mes de Maio.

Uns 90 alumnos do CEIP Irmáns Villar dan comezo a esta actividade, na que logo tomarán parte máis de 600 rapaces doutros 10 centros da cidade.

Volver atras
Imprimir Página