Home  
 
 
 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 

 

Francisco Rodríguez, alcalde de Ourense

 
  Pouco a pouco e con moito tento. Así siguen a producirse os pasos para adxudicar o novo servizo de limpeza no Concello de Ourense. Este martes tivo lugar no Salón de Plenos da Consistorial ourensá a segunda reunión a estes efectos. Ao igual que na primeria, Rodríguez, alcalde, quixo que houbera luz e taquígrafos, e que siga a estar presente a oposición. O obxectivo desta segunda xuntanza era consensuar o procedemento que seguirá a mesa de contratación para adxudicar o servizo. O asunto é de tal calado que o principal acordo que se tomou foi contratar a unha empresa especializada que se ocupe de recopilar os máis datos posibles para baremar coa máxima ecuanimidade.
 
Noticias Relacionadas
  Tres empresas y tres UTE concurren al nuevo Servicio de Limpieza de la capital ourensana
 
 
Una empresa especializada ocuparase de baremar técnicamente as ofertas para a limpeza da cidade
14 de ENERO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

Este martes, no salón de plenos do Concello de Ourense, tivo lugar a segunda xuntanza da mesa de contratación do concurso convocado polo Concello para adxudicar o servicio de limpeza viaria e recollida de residuos na cidade. A xuntanza estivo presidida polo alcalde, Francisco Rodríguez, e nela participaron representantes dos tres grupos políticos municipais: os concelleiros de Medio Ambiente, Demetrio Espinosa, en representación do PSdeG-PSOE, Termalismo, Marta Arribas, polo BNG, e a representante do grupo municipal do PP, Marta Rodríguez, conxuntamente co director xeral de Contratación, xefa de servicio de Contratación, Interventor e Asesor Xurídico Municipal.

O obxectivo desta xuntanza era consensuar o procedemento que seguirá a mesa de contratación para avaliar as propostas técnicas e económicas que presentaron as seis empresas que optan á adxudicación deste contrato (Servicios SEMAT S.A., SUFI S.A., CESPA S.A., UTE FCC S.A., COPASA e GESECO, UTE Extraco S.A. e Ascan S.A. e UTE Urbaser S.A. e OCA S.A.)

"Coa finalidade de garantir o mellor resultado na adxudicación deste concurso, un dos máis importantes que pode convocar un Concello, e de acordo coa proposta realizada polos servicios xurídicos municipais, a mesa de contratación acordou, por unanimidade, contratar a unha empresa especializada (consultora da área de medio ambiente) para que realice un traballo previo de recopilación de datos, análise e baremación para a valoración técnica inicial das propostas realizadas polas firmas que optan á adxudicación", sinálase desde a Alcaldía de Ourense.
Este primeira análise das propostas será posta á disposición da mesa de contratación e servirá como primeira toma de contacto antes de entrar na análise en profundidade das ofertas presentadas. O traballo que realice a consultora non será vinculante, e as súas conclusións poderán ser aceptadas íntegramente ou parcialmente pola mesa de contratación, que tamén poderá modificar as conclusións da consultora en caso de que o estime oportuno.

O Concello solicitará propostas a empresas especializadas neste tipo de traballos e celebrará unha nova xuntanza a semana próxima na que tomará coñecemento das ofertas recibidas e resolverá a contratación da consultoría, tendo en conta a metodoloxía de traballo, o prazo de realización e a proposta económica que presenten.
Unha vez realizado este traballo previo, a análise de ofertas continuará co estudio de cada unha delas por parte dos servicios técnicos municipais, qu   e realizarán os seus correspondentes informes e valoracións, que servirán como base á mesa de contratación para adxudicar o contrato.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página