Home  
 
 
 
 
  Caixanova continúa a súa programación escolar con un concerto para escolares de música popular galega titulado “Compañeiro sei tocare..., e ti?”, a cargo de Gaiteiros da Xistra e dirixido aos alumnos do segundo ciclo de Primaria. As funcións serán este vindeiro xoves, día 15 de xaneiro, ás 10.00 e ás 12.00 horas, e está prevista a asistencia de máis de 850 alumnos de 22 centros escolares de Ourense e arredores.
 
 
Máis de 850 escolares de Ourense invitados por Caixanova a un concerto de música galega este xoves
14 de ENERO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

Máis de 80 alumnos de 22 centros escolares de Ourense e arredores están invitados por Caixanova a un concerto de música popular galega que terá lugar este vindeiro xoves no Auditorio da capital ourensá. Títulase “Compañeiro sei tocare..., e ti?”, a cargo de Gaiteiros da Xistra está dirixido aos alumnos do segundo ciclo de Primaria

Unha vez coñecidos os instrumentos e as melodías máis características da nosa música así como das súas posibilidades de entretemento amosadas no primeiro concerto, e coma continuidade do

mesmo, se presenta nesta ocasión o concerto titulado “Compañeiro sei tocare…, e ti?”.
O  seu obxectivo primordial é o de lle posibilitar ao alumnado que poida emprender un camiño con carácter didáctico que o leve ao coñecemento da música dos copleiros (violín, zamfona), das cantareiras (pandeiretas, pandeiras, adufes, latas...), dos cuartetos (gaita, bombo e tamboril con requinta ou frautín, con clarinete ou cunha segunda gaita) e das murgas (engadindo saxofón, acordeón, bombo con pratos, caixa...).

"É un excelente concerto de música tradicional galega, onde os músicos e actores tentarán atrapar aos seus espectadores e as súas espectadoras para espertar neles o interese polo folclore, un xeito magnífico de divertirse", sinalan os organizadores.
Este concerto compleméntase cunha unidade didáctica que está a disposición dos profesores a través de Internet:  www.centrosocialcaixanova.com/actividadesescolares/ , que foi confeccionada para un maior aproveitamento da actividade e para conseguir o obxectivo didáctico que se pretende.

 
Volver atras
Imprimir Página