Home  
 
 
 
 
  O barrio do Vinteún incrementará a súa oferta de equipamentos sociais coa construcción dun novo centro cívico e unha gardería infantil.  A Xunta de Goberno Local aprobou na súa xuntanza deste xoves iniciar o expediente para a ocupación directa dos terreos nos que se ubicarán ambos equipamentos, destinados a dar resposta axeitada ás necesidades actuais e futuras dos veciños deste barrio en crecemento da nosa cidade. Tamén se acorda crear unha unidade de promoción da saúde na rúa Vasco da Ponte. O ser só estes dous os asuntos tratados, pasou de largo por a primeira Xunta de Goberno Local do recén estrenado 2009 a RPT, a Relación de Postos de Traballo do Concello para este ano.
 
 
O Vinteún incrementará a oferta de equipamentos sociais coa construcción de dous máis
9 de XANEIRO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

O Centro Cívico construirase nunha parcela de 7.861 metros cadrados de superficie sita entre as áreas de reparto 5-N “Coiñas” e 12-N “Río Cerve”, nas que existen terreos destinados a acoller dotacións públicas locais. Dado que ambos polígonos aínda non se desenvolveron por parte da iniciativa privada, o Concello acomete este expediente de ocupación directa que permitirá dispoñer dos mesmos sen ter que agardar a que a iniciativa privada actúe.
Son, concretamente, 7.861 m2 de superficie, dos que 4.928,32 m2 se atopan na Área de Reparto 5-N “Coiñas”, e 2.932,68 m2 están na área de reparto 12-N Río Cerves, lindantes ó norte co Camiño Real de Cudeiro e Rúa Río Cervantes.

No caso da gardería, o Concello procede á ocupación directa dunha parcela de 3.356,92 metros cadrados de superficie, sitos na área de reparto 24-N “Vinteún”. Tamén neste caso, trátase dunha área de reparto que inda non se desenvolveu por parte da iniciativa privada, polo que o Concello procede á ocupación directa que permitirá dispoñer dos terreos para a gardería sen ter que agardar a que os promotores privados desenvolvan a zona.

Ambos expedientes de ocupación directa publicaranse no Boletín Oficial da Provincia e se notificara ós propietarios e titulares de dereitos, abrindo un prazo de información pública por un período de 20  días para que podan efectuar alegacións

Nova unidade municipal para a Promoción da Saúde

Na mesma sesión, a Xunta Local aprobou o Proxecto de Reforma de Local en pranta baixa para equipamento sanitario que se destinará ó desenvolvemento de actividades de Educación e Promoción da Saúde, na rúa Vasco da Ponte nº 1, cun orzamento que ascende a 180.000 euros. Na sesión, procedeuse á aprobación da memoria do proxecto, e a solicitude de inclusión do mesmo para o seu financiamento con cargo ó Fondo Estatal de Inversión Local creado polo goberno central.

O local está situado na pranta baixa da rúa Vasco da Ponte nº 1, é totalmente exterior nas súas catro caras e ten unha dimensión de 27,75 m. x 9,00 m., cunha superficie construida de 250 metros cadrados.
Sinala o Concello de Ourense que "coa aprobación deste proxecto trátase de dar resposta ó interese das Concellerías de Sanidade e Servicios Sociais do Concello de Ourense, de dispoñer dun local axeitado para acoller o desenvolvemento das diferentes actividades que realiza o Concello en materia de promoción da saúde e educación para a saúde".

A aprobación da RPT sigue pendente

Tampouco á segunda foi a vencida. A Relación de Postos de Traballo que na última reunión de 2008 da Xunta de Goberno Local non saíu adiante, siquera foi a primeira reunión do novo ano deste mesmo órgano municipal. Esto a pesares de que o concelleiro Rodríguez Penín fixera público ao remate da sesión do 30 de decembro pasado, a súa intención de aprobar a RPT de 2009 de inmediato.
Fontes do Concello de Ourense explicaron que aínda era preciso "cadrar" algúns aspectos da Relación de Postos de Traballo, polo que tería que agardar un pouco ata volver a ser levada a aprobación da Xunta. En calquera caso, segue sendo un trámite que se agarda completar "en breve".

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página