Home  
 
 
 
 
  A OMIC lembra que as rebaixas que comezan este mércores teñen unha duración mínima de sete días e máxima de dous meses en cada establecemento. A OMIC estima que cada ourensán gastará nestas rebaixas un 11% menos que o pasado ano, o que supón unha cifra que ronda os 120 euros de gasto por persoa. Nestas datas, os productos máis mercados serán os productos textís, calzado e complementos.
 
Noticias Relacionadas
  Comienzan las más inciertas y ambiguas Rebajas de Invierno que recuerda el comercio de Ourense
 
 
Suxerencias da OMIC ante as Rebaixas de Inverno que comezan este mércores  
7 de ENERO de 2009: OURENSE DIXITAL

A OMIC lembra que as rebaixas supoñen a “venda de artigos a precio inferior ó que foron ofertados anteriormente”, polo tanto non poderán ser obxecto de rebaixas os productos que non fosen postos á venda con anterioridade. Neste sentido, os letreiros e as etiquetas dos productos rebaixados deberán exhibir sen confusión o precio anterior e o novo, así como sucesivas porcentaxes de reducción. No caso de que un producto teña precios diferentes, o cliente pode esixir o cobro do precio de menor cuantía.

Para evitar problemas coas compras, a OMIC de Ourense recomenda:

- Revisar o estado, funcionamento, etiquetado e conservación dos productos.
- Comprobar os cambios de diñeiro ó pagar.
- Non asinar os recibos dos pagos con tarxeta sen comprobar se as cantidades son correctas.
- Cotexar os pagos coa tarxeta e os movementos bancarios.
- Revisar se o ticket inclúe todos os datos.
- Gardar a factura e custodiala durante dous anos.

Para unha maior seguridade, a OMIC recomenda mercar en establecementos adheridos ó sistema arbitral de consumo, xa que garantiza a tramitación dun procedemento extraxudicial sinxelo e gratuito, sen necesidade de acudir ós tribunais.

Por último, recomendan reclamar sempre por escrito, deixando constancia dos feitos nas follas de reclamación. Se algún establecemento non dispón de follas o cliente debe deixar tamén constancia dos feitos, requerindo a presencia da Policía Local.

Volver atras
Imprimir Página