Home  
 
 
 
 
  O desenvolvemento urbano e comercial da zona sur da cidade deu un importante paso adiante esta martes coa aprobación, por parte da Xunta de Goberno Local, do proxecto de compensación do polígono único de solo urbanizable número 20, Fonsillón-A Farixa, onde se construirá o centro comercial de Eroski, ademáis de vivendas, novos viais, equipamentos e zonas verdes. Na mesma sesión a xunta local aprobou a adxudicación definitiva da redacción do novo Plan de Urbanismo á empresa Oficina de Planeamento, S.A.,  e a adxudicación, neste caso provisional, da nova cartografía municipal. 
 
 
Aprobado o proxecto de compensación do solo onde se ubicará o centro comercial de Eroski
24 de DICIEMBRE de 2008: OURENSE DIXITAL
   

O desenvolvemento do polígono de O Fonsillón-A Farixa onde se ubicará o centro comercial de Eroski, constitúe un dos máis importantes desenvolvementos urbanísticos da zona sur da cidade, conxuntamente co da Finca Mariñamansa (do que tamén se aprobou recentemente o proxecto de compensación), no que está prevista a instalación dun centro comercial de El Corte Inglés, así como novas vivendas, un gran parque público e importantes dotacións socioculturais e deportivas.

Segundo sinala o propio Concello de Ourense, ambas zonas virán crear unha nova centralidade urbana comercial ó sur da cidade, coa consecuente creación de postos de traballo directos, ademáis dunha notable mellora da mobilidade, cos novos viais dende a Finca Mariñamansa e A Farixa, e o novo acceso a Carrefour, que entroncan esta zona coa futura Ronda Bulevar. Tamén se garantirá unha mellor accesibilidade ó Complexo Hospitalario, edificarase un importante número de vivendas protexidas que, xunto os novos equipamentos públicos sociais e deportivos,  transformarán a zona sur da cidade.

O goberno municipal prevé que os proxectos de urbanización dambas zonas (Fonsillón-A Farixa e Finca Mariñamansa) podan ser aprobados próximamente, de xeito que as obras podan comezar no próximo ano 2009 e permitir que ambos desenvolvementos urbanísticos queden a salvo dunha posible anulación definitiva do PXOM.

O PXOM é, definitivamente cousa de Oficina de Planeamento, S.A.

A Xunta de Goberno Local acordou tamén adxudicar definitivamente a Oficina de Planeamiento, S.A. o contrato de servicios para a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ourense, por un importe de 1.044.000 euros, IVE engadido. O acordo converte en definitiva a adxudicación provisional destes traballos, aprobada pola xunta de goberno do pasado día 6 de novembro, de acordo coa proposta realizada pola mesa de contratatación do concurso convocado polo Concello para adxudicar estes traballos, que constatou que Oficina de Planeamento cumple cos requisitos técnicos e económicos establecidos no pliego de condicións do concurso, ofertando a realización do novo PXOM por un importe de 1.044.000 euros, IVE engadido, o que supón unha baixa dun 20% fronte ó orzamento de licitación do concurso.

Cartografía municipal

Na mesma sesión, a Xunta de Goberno Local acordou adxudicar provisionalmente o contrato de servicios para a confección da cartografía municipal a escala 1/500 dos núcleos urbanos e da cartografía a escala 1/2000 da totalidade do termo municipal do Concello de Ourense, á UTE “Caribersa S.L.” e “Cartografía general” (Cartogesa), por un prezo de 569.126,28 euros, IVE engadido, segundo a proposta realizada pola mesa de contratación do concurso convocado polo Concello para contratar estes traballos, ó resultar a oferta máis vantaxosa para o Concello.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página