Home  
 
 
 
   
  Organizado por Amigos da Terra, este luns da comezo un seminario práctico sobre lexislación ambiental. A actividade prolongarase ata o xoves, día 18, e será imprtida por Montse Valencia, responsable da área de Asesoría Xurída de Amigos da Terra.
 
 
Comeza un seminario práctica de lexislación ambiental de Amigos da Terra  
15 de DECEMBRO de 2008: OURENSE DIXITAL

Este luns, día 15 de decembro, comeza ás catro da tarde o seminario práctico sobre lexislación ambiental que organiza a ONG Amigos da Terra, e que se prolongará ata o xoves, día 18.
Montse Valencia, responsable da área de Asesoría Xurídica de Amigos da Terra será a encargada de impartir este seminario sobre como protexer o medio ambiente dende a lei.

O curso está pensado para todos aqueles que non teñen coñecementos sobre lexislación e medio ambiente e para socios, colaboradore, voluntarios e achegados á asociación e sensibilizados coa protección do mesmo.
"Como aplicar na vida cotiá de todos/as nós a lexislación ambiental sen pensar que o descoñecemento da linguaxe xurídica sexa unha traba para non interceder ante unha agresión ambiental", é un dos obxectivos principais que  Amigos da Terra pretende acadar con este seminario práctico.

Volver atras
Imprimir Página