Home  
 
 
 
 
  O Senado debaterá este luns unha moción do senador ourensán por designación autonómica, Xosé Manuel Pérez Bouza, sobre a tarifa eléctrica pola que insta ao Goberno a “definir e facer público coa maior celeridade cómo será a factura da electricidade a partir do 1 de xaneiro de 2009 e, en concreto, definir cómo quedará a tarifa de último recurso”. É unha das tres iniciativas que está previsto revisar este luns, xa que o mesmo senador plantexa outra pola que se insta ao Goberno a non autorizar parques eólicos en Galiza de máis de 50 MW de potencia, e unha terceira pedindo un estudio "serio e riguroso" sobre a cobertura real da internet de banda larga.
 
 
Plantéxase no Senado este luns que se defina cómo será a factura da luz a partir do 1 de xaneiro
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
Xosé Manuel Pérez Bouza
15 de DECEMBRO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

A Comisión de Industria do Senado debaterá este luns, 15 de decembro, unha moción do senador do  BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza, pola que se insta ao Goberno a non autorizar parques eólicos en Galiza de máis de 50 MW de potencia.
En concentro, a iniciativa do BNG insta ao Goberno a que “teña en conta os informes desfavorábeis emitidos pola Xunta de Galiza e non autorice a instalación de parques eólicos de máis de 50 megavatios en Galiza”, sinala o senador ourensán por designación autonómica.

Ademais, a Comisión de Industria debaterá outra moción, tamén  do BNG, pola que se insta ao Goberno a “realizar un estudo serio e rigoroso sobre a cobertura real de internet de banda larga nos núcleos de poboación incluídos no Plan de Extensión de la Banda Ancha, PEBA”.

Por último, o Senado debaterá outra moción de Xosé Manuel Pérez Bouza sobre a tarifa eléctrica.
En concreto, a iniciativa do BNG insta ao Goberno a “definir e facer público coa maior celeridade cómo será a factura da electricidade a partir do 1 de xaneiro de 2009 e, en concreto, definir cómo quedará a tarifa de último recurso”.
A iniciativa tamén lle solicita ao Executivo que “eleve o limiar da denominada tarifa eléctrica social até os 3,3 kw para que a medida poida ter unha incidencia positiva real nos consumidores”.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página