Home  
 
 
 
 
  90 persoas con dificultades de acceso ó mercado laboral se benefician do proxectos Auria Inserta e Escola Taller, organizados pola Concellería de Economía, Facenda e Emprego que, ubicados físicamente no Campo da Feira desta cidade, visitou este xoves o alcalde, Francisco Rodríguez. Medio cento de alumnos comezaron neste mes de decembro a formación na Escola Taller, e outros 40 reciben cursos de atención a dependentes dende outubro. A Concellería de Economía, Facenda, Emprego e Promoción Económica do Concello de Ourense está a desenvolver dous proxectos para a mellora da inserción sociolaboral de colectivos con especiais dificultades: Auria Inserta, en marcha dende o mes de outubro, e a Escola Taller, que comezou as súas actividades no presente mes. Os alumnos asistentes reciben formación específica durante unha primeira fase, e complementan os seus coñecementos nunha segunda, con prácticas laborais.
 
 
Un total de 90 persoas beneficianse xa dos proxectos Auria Inserta e Escola Taller do Concello de Ourense
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
Francisco Rodríguez
12 de DICIEMBRE de 2008: OURENSE DIXITAL
   

Un total de 90 persoas con dificultades de acceso ó mercado laboral estanse beneficiando dos proxectos Auria Inserta e Escola Taller organizados pola Concellería de Economía Facenda e Emprego do Concello de Ourense. O alcalde da cidade, Francisco Rodríguez, visitou este xoves ditos proxectos que se ubican no Campo da Feira desta cidade.
Por unha banda, o proxecto Auria Inserta está cofinanciado polo Fondo Social Europeo e ten un orzamento total de 1.785.754 euros, dos que o Concello aportará 375.151 euros. A iniciativa articula un sistema de integración sociolaboral para favorecer o acceso a un posto de traballo a parados de longa duración, víctimas de violencia de xénero, inmigrantes e emigrantes retornados, así como a todos aqueles colectivos que, por cuestión social, cultural ou de xénero presenten dificultades de acceso ó mercado laboral.

A día de hoxe, corenta alumnos reciben formación sobre dous cursos: o “curso de asistencia sociosanitaria a dependentes en domicilio” e o “curso de asistencia sociosanitaria a persoas en institucións sociais”, dende o pasado mes de outubro. Os participantes no proxecto dispoñen dun servicio permanente de titorías individualizadas de orientación, información e asesoramento en temas sociais, laborais e de auto-emprego, para que coñezan as condicións de acceso ó mercado de traballo, dominen as técnicas de búsqueda de emprego, e melloren as súas capacidades laborais.

A partir de xaneiro, os alumnos poderán realizar prácticas en empresas relacionadas co itinerario formativo, para materializar as aprendizaxes adquiridas nos meses anteriores. Asimesmo, en en dito mes comezará un terceiro curso: “Catering para persoas dependentes”, en colaboración coa Asociación de Hosteleiros.

Escola Taller Imprenta

Por outra banda, co mesmo obxectivo de contribuir na formación e inserción laboral de desempregados, a primeira fase do proxecto da Escola Taller Imprenta deu comezo o pasado día primeiro de decembro. O orzamento total deste proxecto é de 1.632.856 euros, cunha aportación municipal de 640.378 euros.

A formación que reciben os alumnos está dividida en catro módulos: albaliñería (20 alumnos), cantería (10 alumnos), Carpintería (10 alumnos) e Forxa (10 alumnos). Esta primeira fase de formación teórica terá unha duración de seis meses, nos que os alumnos recibirán unha beca de 9 euros por día lectivo. A segunda fase, de doce meses de duración, consistirá na formación en obra dos alumnos, rehabilitando un edificio para oficinas municipais na praza da Imprenta, esquina Rúa Colón. Terán un contrato de formación, cun 75% do SMI e 14 pagas.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página