Home  
 
 
 
 
  O Concello de Ourense iniciará os trámites para irmandarse coa localidade arxentina de Orense, sita no partido arxentino de Tres Arroyos, na provincia de Buenos Aires. Así llo avanzou o alcalde da cidade, Francisco Rodríguez, ó intendente do municipio arxentino de Tres Arroyos, Carlos Alberto Sánchez nunha conversa telefónica mantida esta mañá. O xeito de facelo foi un tanto particular, xa que o rexidor ourensán recibiu este mércores no seu despacho da Alcaldía a visita sorpresa dun equipo de corresponsais da emisora arxentina Radio Tres Arroyos. Viñan en nome do intendente arxentino para trasladarlle á Rodríguez o interés dos veciños de Orense e do goberno municipal de Tres Arroyos por irmandarse e estreitar lazos con Ourense.
 
 
 
A cidade de Ourense irmandarase coa vila arxentina de Orense, en Buenos Aires
10 de DICIEMBRE de 2008: OURENSE DIXITAL
   

A iniciativa non é tan curiosa como o xeito de materializala. No Concello de Ourense aseguran que Francisco Rodríguez se viu sorprendido este mércores pola mañá por un equipo de corresponsais da emisora arxentina Radio Tres Arroyos. Viñan de moi lonxe, decían, así que non procedía darlle plantón.
Cando estiveron cara a cara con Francisco Rodríguez, lle contaron ó alcalde o interés dunha cidade chamada Orense, no partido arxentino (o que aquí ven a ser un municipio) de Tres Arroyos, Buenos Aires, por irmandarse coesta cidade. Así empezou todo, porque logo viría unha conversa telefónica co intendente, Carlos Alberto Sánchez.
A resultas de todo esto, se anuncia que o proceso de irmandade entre Ourense e Orense se vai a poñer en marcha.
A localidade arxentina foi fundada en 1913 por un emigrante ourensán, Ramón Santamarina, razón pola que leva o nome de Orense.

Francisco Rodríguez felicitou esta iniciativa e trasladou “un agarimoso saúdo a tódolos ourensáns, galegos e españois que viven no seu marabilloso país. Tódolos ourensáns sentimos un profundo respeto e admiración por Arxentina e as súas xentes, xa que dende nenos nos contaron historias de Arxentina, de moitos galegos que foron vivir a este país, que levamos no corazón”. Neste senso, sinalou, “imos facer todo o traballo administrativo e bucrocático necesario  para facer posible este irmandamento. Hoxe poñemos a primeira pedra con toda a vontade do mundo por ambas partes para que chegue a ser realidade”.

Orense é unha cidade de 3.000 habitantes, que forma parte do partido (municipio) de Tres Arroyos, de máis de 50.000, sito na provincia de Buenos Aires. É unha poboación con costa de mar, sita a uns 500 km. da capital arxentina, na que residen numerosos galegos e descendentes de galegos.

Os xornalistas da emisora Radio Tres Arroyos fixeron entrega ó alcalde da bandeira de Tres Arroyos (de cores vermella, amarela e verde, coa imaxe dun dos seus monumentos máis representativos, o denominado Fortín Machado), así como unha selección de materiais turísticos e libros sobre esta localidade editados pola municipalidade arxentina.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página