Home  
 
 
 
 
  A Concellería de Educación do Concello de Ourense, dentro do programa "Teatro, cine e danza na escola", organiza este mércores, día 10 de decembro, tres representacións didácticas en francés dirixidas a escolares, da obra de teatro "Je ne suis pas un enfant" a cargo da compañía La Bohême Thêatre. Sinala o Concello que esta é unha novidade que incorpora este curso escolar dentro do seu programa de actividades educativas, dirixida a alumnos de 2º ciclo da ESO e de Bacharelato (de 15 a 18 anos de idade).
 
 

800 alumnos de Eso e Bacharelato asisten a representacións teatrais en francés este mércores

 
10 de DECEMBRO de 2008: OURENSE DIXITAL

A actividade ten como obxectivos utilizar o teatro como ferramenta lúdica e pedagóxica que estimule ós alumnos na aprendizaxe da lingua francesa a través dunha obra moi divertida na que, aínda que a lingua predominante sexa o  francés, tamén hai algo de castelán nalgúns intres para así conseguir unha mellor comprensión.

A representación terá lugar no Teatro Principal, con tres funcións, ás 9:30, 11:00 e 12:30 horas, e participarán 800 alumnos de 15 centros de ensino da cidade.
A obra narra a historia dun rapaz de pouco máis de vinte anos, que nos explica como foi a súa adolescencia e o descubrimento de cousas como o amor, as discotecas, saír de noite....

Os profesores de lingua francesa dos centros asistentes recibiron con anterioridade a unidade didáctica da obra para facilitar o previo estudio do vocabulario en clase e realizar exercicios variados. Deste xeito, os alumnos poderán consolidar o vocabulario e  estructuras adquiridas.  A unidade didáctica pódese atopar na páxina web do Concello: www.ourense.es/educación A obra ten unha duración de 60 minutos e rematará cun coloquio cos actores.
Participarán un total de 800 alumnos de 15 centros de ensino distribuídos da seguinte forma:

  - 1ª Sesión: IES E. Blanco Amor, Carballeira e Lagoas e C. Maristas.

   - 2º Sesión: IES 12 de Outubro, X. Prieto Nespereira, Universidade Laboral, e O Couto, e CPI José G. García,

   - 3ª Sesión: Colexios San José, Luis Vives e Guillelme Brown e IES Otero Pedraio, Portovello e X. Ferro Couselo.

Volver atras
Imprimir Página