Home  
 
 
 
 
A Concellería de Educación do Concello de Ourense, en colaboración co Colexio de Avogados de Ourense, celebra este mércores, a partir das 11:30 horas na Praza Maior, unha actividade educativa co obxectivo de celebrar o 60º Aniversario da Declaración dos Dereitos Humanos. O alcalde, Francisco Rodríguez, ten anunciada a súa participación nesta efeméride xunto a 300 alumnos desta cidade que darán lectura ós 30 artigos da declaración dos Dereitos Humanos.
 
 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
 
Rodríguez con Ana Garrido e o ex deportivista Fran, nunha actividade deportiva con nenos no Pabellón de Os Remedios (Arquivo)
Ourense celebra este mércores na Praza Maior os 60 anos da Declaración dos Dereitos Humanos
10 de DECEMBRO de 2008: OURENSE DIXITAL

Ás 11:30 deste mércores comezarán na Praza Maior de Ourense os actos cos que se celebra o 60 Aniversario da Declaración dos Dereitos Humanos. Ó acto asistirán 300 alumnos de 2º curso de ESO -14 e 15 anos de idade-, dos IES Universidade Laboral e Eduardo Blanco Amor, así como dos colexios Maristas e Carmelitas.
Os alumnos participarán na lectura dos 30 artigos que comprenden a declaración dos Dereitos Humanos, así como o alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, a concelleira de Educación, Ana Garrido, ou o decano do Colexio de Avogados, Arturo González, entre outros. Mayte López, presidenta da Agrupación de avogados xoves de Ourense e membro da Comisión de Dereitos Humanos do CGAE, actuará como mestra de ceremonias.

Despois da lectura dos artigos, a Concellería de Educación fará entrega ós alumnos dun cómic, titulado “Un Mundo Feliz”, que é unha edición conmemorativa desta data do 60 Aniversario da Declaración dos Dereitos Humanos.

Adxudicados equipos informáticos e mobiliario para o Centró Cívico e Social do Concello

A Xunta de Goberno Local aprobou nunha sesión extra celebrada na mañá deste martes, a adxudicación provisional do contrato de subministro de equipos informáticos para centro cívico e social do Concello de Ourense a PAIPEL-OR, S.L., por un prezo total de 46.788, 6 Euros.

Nesta mesma sesión, a Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación provisional do contrato do subministro de mobiliario para Centro Cívico e Social do Concello de Ourense, a “Esteo S.L.”, por un prezo de 56.951,28 euros.

Volver atras
Imprimir Página