Home  
 
 
 
 
  O Grupo Municipal Socialista denuncia o “lamentable” estado das rúas  do Casco Vello de Xinzo de Limia que, segundo o Grupo do PSdeG-PSOE, está incluso a provocar "graves problemas" aos veciño se veciñas que transitan po relas. Sinalan os socialistas que, nalgúns casos cando menos, os deteriores chegan a representar riscos para a integridade e a saúde os veciños, ao tempo que lembran que a denuncia do PSdeG-PSOE non e algo novo, pero que cando se le plantexa o tema ó rexidor municipal, Isácc Vila "sempre da largas ó asunto" e nunca se afrontan solucións.
 
 
Algunhas rúas do Casco Vello de Xinzo supoñen perigo para os viandantes, denuncia o Grupo Socialista
9 de DECEMBRO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

A concelleira do Partido Socialista no Concello de Xinzo de Limia e Secretaria Xeral da Agrupación Municipal, Elvira Lama, denuncia que "os veciños e veciñas de Xinzo de Limia están preocupados polo pésimo estado no que se atopan as rúas do Casco Vello. As fochancas  e o anacos das pedras soltas son a causa de que moitos cidadáns sufran caídas e resbalóns".
Lama insiste en que "esta non é unha situación nova", xa que, recorda, "os socialistas levamos máis dun ano denunciándoa".

Según o Grupo do PSOE, as rúas que se atopan en peor estado son San Roque, Lepanto, Constitución, e Galicia. "A súa imaxe é, cada día, máis lamentable, os viandantes e vehículos teñen que sortear buracos; o seu tránsito faise practicamente imposible", sinala Elvina Lama.
Camiñar por estas rúas é, para Elvira Lama, "un perigo para os viandantes polas fochancas e a inexistencia de beirarrúas. O Goberno Local está poñendo en perigo a integridade física dos viandantes da zona".

O caso da Rúa Galicia

Dende o Grupo Municipal Socialista explican que "no último tramo da rúa Galicia os anacos do pavimento de pedra forman un auténtico puzzle  de pedras soltas que, teñen provocado lesións graves a viandantes e danos cuantiosos en vehículos".

Recorda o Grupo Socialista que, a preguntas concretas sobre este tramo da rúa Galicia, o alcalde popular explicou que a actuación nesta rúas e fará a través dun Plan Provincial da Deputación de Ourense. "A piques de rematar o ano, nin a Deputación nin o Concello fan as obras para mellorar esta rúa", engade Elvira Lama

Os socialistas piden públicamente que o Goberno de Xinzo co seu alcalde, o popular Isáac Vila, a fronte, deixa de "dar largas" a un asunto que "debe solucionar canto antes porque está a provocar importantes problemas".
Para os socialistas "esta é unha proba máis do pouco que lle importan ao PP  e a Isaac Vila os problemas dos veciños e veciñas do municipio".

 

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página