Home  
 
 
 
 
  A medida que vai estando claro que a provincia de Ourense pode acadar uns 60 millóns de euros dons Fondos de Investimento Municipal creados polo Executivo de Rodríguez Zapatero, e ó Concello de Ourense poderíanlle corresponder ata uns 19, o alcalde da cidade, Francisco Rodríguez, urxe os preparativos de tódolos responsables de departamentos municipais con capacidade inversora. Para este xoves convocou a comisión do Concello de Ourense que se encargará de completar o proceso preciso para que este Concello poida optar ó máximo posible de participación nestes Fondos.
 
 
Rodríguez crea e convoca para este xoves a comisión do Concello dos Fondos de Investimento Público
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
Francisco Rodríguez
4 de DECEMBRO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, convocou para este xoves, día 4 de decembro, a xuntanza de constitución da comisión municipal que se encargará de coordinar a participación do Concello de Ourense no Fondo de Investimento Municipal creado polo Goberno Central. A xuntanza terá lugar ás 9:30 horas, na Alcaldía. Rodríguez di estar tan confiado como esperanzado en que esta comisión " coordinará e axilizará a presentación de proxectos que suporán unha importante inxección económica para as pemes locais".

A comisión estará presidida polo alcalde, Francisco Rodríguez, e nela participarán o tenente de alcalde Alexandre Sánchez Vidal, os concelleiros de Economía, Agustín Fernández e Infraestructuras, Andrés García Mata, e técnicos municipais dos servicios de Enxeñería, Urbanismo, Augas, asesoría xurídica e xestión económica.
O traballo desta comisión consistirá en definir os proxectos que o Concello de Ourense  presentará á convocatoria do Fondo de Investimento Municipal creado polo goberno central para o presente exercicio 2009, e coordinar tódolos traballos destinados a que a cidade de Ourense obteña os mellores resultados nesta convocatoria. Así, encargarase de definir os proxectos a acometer, axilizar o seu desenvolvemento e coordinar a súa execución.

O Fondo de Investimento Municipal ten un orzamento total de 8.000 millóns de euros, cun límite de 175 por habitante, coa finalidade de crear 200.000 postos de traballo a nivel de toda España.
No caso da cidade de Ourense, dado o seu nivel de poboación, óptase a un máximo de 19 millóns de euros. Unha cifra que, segundo sinala o alcalde de Ourense Francisco Rodríguez, "ábrenos a oportunidade de acometer a realización de importantes investimentos na nosa cidade".
Según Rodríguez, "acometeranse actuacións que teñan como finalidade facer cidade, dar resposta a necesidades básicas como son a mellora de servicios básicos como os de abastecemento e saneamento, a mellora de determinadas zonas nos barrios ou a rehabilitación de inmobles do noso patrimonio, entre outras".

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página