Home  
 
 
 
 

Luis Anxo Rguez., presidente do Consello de O Ribeiro

 
  Trala presentanción, penúltima, este luns no hotel Condes de Barcelona, achégase o remate do periplo da presentación dos viños de O Ribeiro por todo o Estado. Ata a cita deste mércores de remate de campaña en Valencia, está previsto que se acheguen 15 adegas. Vaille quedando bo sabor de boca ao Consello Regulador, porque o seu presidente xa adianta que "no vindeiro ano repetiremos este tipo de actos".
 
 
Por Valencia remata este mércores o periplo de presentación de O Ribeiro en capitales de todo o Estado  
2 de DICIEMBRE de 2008: OURENSE DIXITAL

Un total de 13 adegas de O Ribeiro con máis 26 marcas participaron no penúltimo acto de presentación dos viños de O Ribeiro que tivo lugar este luns en Barcelona.
Precismente aquí, o presidente do Consello Regular, Luis Anxo Rodríguez Vázquez, expresou este luns a súa satisfacción polo camiño recorrido ao respecto, e sinalou que "polo momento estamos moi satisfeitos coa celebración dos eventos nas cidades de Oviedo, San Sebastián, Madrid e Málaga".
Por Oviedo comezou, precisamente, o periplo das adegas e as marcas de O Ribeiro que se enrolaron nestre proxecto de dar a coñecer os viños desta Denominación por todo o Estado español. "Obtivemos moi boa resposta por parte tanto do sector profesional do mundo do viño como polos medios de comunicación de cada unha das cidades. Esperamos que estas dúas últimas presentacións teñan a mesma acollida", sinalaba o presidente xusto antes de comezar este luns a de Barcelona.

Cumplido este trámite, xa só queda a prsentación de Valencia este mércores, día 3, para que o periplo remate. Aquí van a participar un total de 15 adelgas da Denominación Ribeiro. Rodríguez Vázquez xa adianta que "podemos presaxiar que no vindeiro ano repetiremos este tipo de actos, xa que con eles estamos a consolidar a posición e o prestixio de que gozan na actualidade os viños de O Ribeiro, xa que son verdadeiros referentes de calidade".

Volver atras
Imprimir Página