Home  
 
 
 
 
  A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou, en xuntanza extraordinaria celebrada este luns, adxudicar provisionalmente á empresa "Edimiño" a execución das obras de reforma do edificio sito na rúa Doutor Peña Rey, número 18, que será acondicionado como novo Centro Cívico e Social para o barrio de A Cuña. As obras suporán un investimento de 123.750 euros, IVE engadido, por parte do Concello.
 
 
A primeira fase do novo Centro Cívico e Social de A Cuña suporán un investimento de 123.750 euros  
2 de DECEMBRO de 2008: OURENSE DIXITAL

A empresa "Edimiño" é a adxudicataria das obras que será preciso facer no inmoble número 18 da rúa Doutor Peña Rey desta cidade, para convertir o edificio no novo Centro Cívico e Social do barrio de A Cuña. Así o acordou a Xunta Local de Goberno nunha reunión extraordinaria celebrada na mañá deste luns.
Trátase dun edificio propiedade do Concello de Ourense construido en 1972 de acordo con proxecto de Antonio Alés Reinlein, J. Javier Suances Pereiro e Luis Garayzábal, para a residencia da Sección Feminina, composto por planta semisoto, baixa, tres plantas e baixo cuberta. O inmoble foi destinado ó longo do tempo a distintos usos e actividades. En 2004/5 foi remodelado pola Escola Taller, e actualmente acolle as dependencias do arquivo municipal, un centro da terceira idade, e local de asociación de veciños, entre outras.
O proxecto abrangue dúas parcelas: a primeira, cunha superficie de 2.051,55 m2, na que se empraza actualmente o edificio, e unha segunda, de 903,46 m2, obtida mediante cesión ó Concello. Por tanto a parcela resultante ten unha superficie de 2.955,01 m2.

As obras adxudicadas este luns teñen como finalidade acometer unha primeira fase de reforma para a mellora e rehabilitación do inmoble, quedando pendente unha segunda fase de acondicionamento como Centro Cívico e Social, que executará o Concello ó longo do próximo ano 2009.

Volver atras
Imprimir Página