Home  
 
 
 
 
  A Consellería de Vivenda e Sólo destaca o clima de colaboración amosado polo Concello de Verín, "que incluso está a analizar outra nova proposta de localización de solo para incluír no Plan Sectorial de Vivenda", sinala o departamento de Teresa Taboas. O seu delegado en Ourense, Antucho Espinosa, celebrou este luns un primeiro encontro de aproximación, que se lle podería chamar, co obxectivo de conseguir os 85.000 metros cadrados que a Consellería precisa para levar a cabo a proxecta Bolsa de Solo de Fontenova, na que acometer a construcción das previstas 308 vivendas protexidas. Espinosa deixou claro aos veciños que "ningunha vivenda se verá afectada por un proceso expropiatorio".
 
 
Contacto de aproximación en Verín de Vivenda e Solo para conseguir os terrenos de Fontenova
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
Antucho Espinosa
2 de DECEMBRO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

O delegado da Consellería de Vivenda e Solo, Antucho Espinosa, mantivo este luns un encontro informativo cos veciños de Verín para explicarlles as actuacións previstas no Concello a través do Plan Sectorial de Vivenda, que inclúe unha bolsa de solo denominada Fontenova.
No encontro, o representante do departamento de Teresa Taboas aclaroulle aos veciños que o obxectivo é adquirir a totalidade dos 85.130 metros cadrados da Fontenova por mutuo acordo cos propietarios, ben a través da compra directa dos terreos ou ben a través de permutas de solo rústico por solo urbanizado, que tería como destino a construción de vivenda protexida ou de vivenda libre a prezo taxado. O Departamento autonómico tamén aclarou aos veciños que ningunha vivenda se vai ver afectada por un proceso de expropiación no desenvolvemento do plan sectorial.

O delegado provincial, Antucho Espinosa, e o coordinador da equipa redactora do Plan Sectorial de Vivenda, Xabier Rivas, tamén se reuniron co alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez. Nese sentido, a Consellería destaca o clima de colaboración amosado polo Concello, que incluso está a analizar unha segunda proposta de localización de solo que se sumaría ao Plan Sectorial de Vivenda.

308 vivendas protexidas

A Consellería de Vivenda e Solo de Teresa Táboas recalca que prevé construir 308 vivendas protexidas e de prezo limitado e un investimento público e privado de 8,9 millóns de euros no Concello de Verín a través do Plan Sectorial de Vivenda.
En concreto, o Plan Sectorial recolle unha bolsa de solo denominada Fontenova, cunha superficie total de 85.130 metros cadrados que albergará 308 vivendas protexidas. Desa superficie, 24.000 metros cadrados quedan reservados para zonas verdes, 9.500 metros cadrados para equipamentos e se crean 255 prazas de garaxe.

O investimento público e privado previsto nesta actuación é de 8,9 millóns de euros entre 2009-2017, o que supón unha oportunidade para o conxunto do Concello que disporá de vivendas de calidade a prezo accesible que ofertar aos residentes e implicará tamén a xeración de actividade económica e de emprego.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página