Home  
 
 
 
 
  A partir deste luns, a Sanidade pública galega vai poder enviar mensaxes a móbiles a todos e todas os pacientes dos hospitais públicos, co obxecto de recordarlles as datas das consultas externas e das probas diagnósticas. O obxectivo principal desta nova prestación da Sanidade pública galega "é establecer unha nova canle de comunicación entre os centros de Atención Especializada e as galegas e galegos, inicialmente a través de SMS e coa opción de correo electrónico nunha fase posterior", sinala o departamento de Maria Jose Rubio Vidal.
 
 
Sanidade enviará aos pacientes SMS desde este luns para recordarlle as súas citas médicas
Maria José Rubio Vidal
1 de DICIEMBRE de 2008: OURENSE DIXITAL
   

A partir deste lunes empezarán a recibirse as primeiras mesaxes a móbiles nos que aos pacientes se lles recordarán as datas das consultas externas e das probas diagnósticas, por exemplo. Esta iniciativa da Consellería de Sanidade, estase a facer de xeito piloto no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago dende xaneiro deste 2008.
A través destas mensaxes, o departamento que dirixe María José Rubio Vidal pretende o envío de recordatorios e avisos para os servizos de maior frecuentación, de xeito que se poida facilitar información á cidadanía en relación aos actos programados non cirúrxicos en asistencia especializada. Inicialmente, este mecanismo de aviso só se utilizará para os actos de consultas externas e probas diagnósticas, para, posteriormente, incorporar novos servizos de información.

Modelo de avisos

Para a posta en marcha deste sistema requírense recoller os datos de contacto co paciente non dispoñibles nos sistemas de información (un teléfono para a recepción do SMS e un enderezo de correo electrónico), e, tamén, unha autorización expresa do usuario para que o Servizo Galego de Saúde contacte con el a través destes métodos de comunicación.

Dado que vanse achegar datos sensibles, e incluso se poderán enviar datos de terceiras persoas (no caso de pais, titores, representantes legais de persoas incapacitadas, entre outros), cómpre realizar unha identificación inequívoca do cidadán e tamén recoller a súa autorización para a envío deste tipo de información a través destas canles, sinalan os responsables de Sanidade.
O rexistro informatizado desta autorización realizarase na base de datos de Tarxeta Sanitaria, de xeito que, unha vez que un cidadán outorgue a súa autorización e a mesma se rexistre, indicando un teléfono e/ou enderezo de correo electrónico, xeraranse avisos en calquera hospital nos que se rexistren citas para este paciente.

Mecanismos de subscrición

Coa fin de identificar ao cidadán e rexistrar a súa autorización, o Servizo Galego de Saúde establece dous mecanismos. Un primeiro de subscrición electrónica mediante certificado dixital; e outro segundo a través de formulario en papel, no que o paciente debe inserir os seus datos e dar o seu consentimento para a utilización dos mesmos.

O primeiro dos procedementos, a subscrición electrónica, estará a disposición dos usuarios a través da páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.galiciasaude.es ou www.sergas.es). A cada cidadán identifícase mediante certificado dixital  ou DNI electrónico e cubre os datos necesarios para o envío de avisos.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página