Home  
 
 
 
 
  A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia, ADEGA, anuncia que pintará de verde os valados quitamedos da estrada provincial OU-312 que van de Riocaldo a Portela do Home. Segundo ADEGA, a reforma e acondionamento da estrada, consistente na reposición do firme co recén asfaltado e o posterior valado da mesma non respectou as características do espazo polo que discurre. A Asociación sinala que vén de recibir denuncias veciñais pola falta sensibilidade ambiental e estética en ditas obras, polo que advirten que, si a situación non se corrixe, veciños e ecoloxistas pintarán os valados.
 
 
Advirten con pintar de verde os valados quitamedos da estrada de Riocaldo a Portela do Home
25 de NOVEMBRO de 2008: OURENSE DIXITAL

En virtude da aplicación da recente Lei Galega da Paisaxe, onde se ordena dispoñer de medidas de mimetización daqueles elementos arquitecturais ou de infraestruturas que causen un impacto visual considerábel e determinante, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia lémbrarlle ás administracións actuantes, Deputación Provincial por unha banda, por ser a titular da estrada, e Consellaría de Medio Ambiente por outra, por executarse estas obras dentro dun Parque Natural da súa competencia, que "estamos diante dunha evidente falla de sensibilidadade coa natureza e a paisaxe", sinala ADEGA.
A Asociación refírese á colocación dos valados quitamedos de material de aluminio galvanizado brillantes, "podendo haber instalado outros valados de materiais máis acordes cun espazo natural integrado na Rede Natura 2000", sinala ADEGA.

En tal situación, advirte ADEGA ás administracións provincial e autonómica, que, "de non atender a petición de retirar estes valados de aluminio galvanizado e sustituílos por outros máis acordes coa paisaxe, veciños de Lobios e voluntarios de Adega realizaremos actividades de restauración paisaxística procedendo a pintar de verde estes valos nalgúns treitos para facer unha verdadeira actividade demostrativa da nula sensibilidade ambiental que teñen a Consellaría de Medio Ambiente, a Dirección deste Parque Natural e a Deputación de Ourense".

Volver atras
Imprimir Página