Home  
 
 
 
 

Concepción Méndez Gándara, alcaldesa de Sandiás

 
  O Grupo Municipal Socialista denuncia "a falla de ética política e hixiene democrática na xestión que realiza a diario a alcaldesa do Partido Popular, sobre todo, en relación ao Punto de Atención Infantil, PAI, de Sandiás". O portavoz socialista neste Concello, Juan Manuel Quintas Lorenzo, chega a asegurar que "o Partido Popular obriga ás familias dos concellos limítrofes a empadroarse en Sandiás para obter unha praza no PAI" de Sandiás, e solicitan a Conchita Méndez, a alcaldesa, que faga efectivo o convenio asinado con Vicepresidencia da Xunta.
 
 
Acusan á alcaldesa de Sandiás de utilizar o Punto de Atención Infantil para conquerir máis poboación  
22 de NOVIEMBRE de 2008: OURENSE DIXITAL

O portavoz do Grupo Socialista, Juan Manuel Quintas Lorenzo, acusa a alcaldesa  de "estar  convertendo un servizo público, como é o Punto de Atención Infantil, nun servizo privado", cousa que, segundo o portavoz socialista, non é a primeira vez que pasa.
Os socialistas explican que a admisión de nenos e nenas de 0 a 3 anos que, está regulada por ordenanza municipal. As prazas existentes do Punto de Atención Infantil ofértanse primeiro ás familias do municipio e, as prazas que non se cobren, ofértanse ás familias de Concellos limítrofes.
Para os concelleiros do Grupo Municipal Socialista "en caso de que a demanda supere a oferta, as familias deberían ser ordenadas e seleccionadas de acordo a unha serie de criterios obxectivos e transparentes; respetando sempre a máxima de que as familias con menos recurso teñan máis facilidades para obter unha praza neste servizo público".

Pero, segundo Quintas Lorenzo, "a alcaldesa está a xogar coas prazas do Punto de Atención Infantil de Sandiás con fins exclusivamente electoralistas", xa que "está esixindo ás familias de Concellos limítrofes que se empadroen no municipio para poder optar a unha praza do PAI".
Engade o portavoz socialista que, por riba, a alcaldesa, "facendo gala do seu talante pouco democrático, cando as familias protestan por este asunto, defendendo os seus dereitos como cidadáns, son expulsados da Casa do  Concello".

Dende o Partido Socialista aseguran que non van a permitir que se convirta un servizo público en privado. Por eso José Manuel Quintas esixe ao Grupo de Goberno "que faga público e efectivo o convenio asinado coa Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia, para que se faga cargo do Punto de Atención Infantil, o centro se dote de máis  recursos materiais e humanos  e, se faga cumprir o dereito de admisión dos nenos e nenas en base a criterios socioeconómicos e non en basea presións da alcaldesa e de acordo a criterios electoralistas".

Volver atras
Imprimir Página