Home  
 
 
 
 
  Ourense vai acoler o I Congreso que se vai celebrar en Galicia sobre "Patoloxía Dual" ou Psiquiatría Asociada á Drogadición, segundo este xoves se deu a coñecer. Orgaizadas pola Asociación de Patoloxía Dual Psiquiátrica Cadabullo, "pretenden chamar a atención sobre unha problemática que afecta a un 30% dos 12.000 drogodependentes a tratamento en Galicia". Sinalouse ao respecto na presentación deste Congreso, que "a converxencia da problemática psiquiátrica coas adicións compromete seriamente a rehabilitación e reinserción e precisa de tratamentos específicos". Terá lugar do xoves ao sábado da vindeira semana, e acudirán a este Congreso un cento de especialistas na materia. O concepto de "Patoloxía Dual" refírese á coexistencia dun trastorno por uso de drogas, especialmente cocaína e drogas de deseño.
 
 
Ourense acollerá a finais de mes o I Congreso de "Pataloxía Dual" que se celebra en Galicia
21 de NOVEMBRO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

O 30 por cento dos 12.000 galegos e galegas, actualmente a tratamento para abandonar as drogas, presentan patoloxía mental asociada, ou Dual, que dificulta a súa desintoxicación e rehabilitación, segundo se deu a coñecer este xoves na presentación das "I Xornadas Galegas de Patoloxía Dual" que reunirán en Ourense os días 27, 28 e 29 a un centenar de profesionais implicados no seu tratamento e integración social.
Ademais deste dato, o psicólogo da asociación ourensá Cadabullo, única que aborda esta problemática a nivel Galicia ata o momento, José Manuel González, destacou que, segundo os últimos estudos, este alto grao de incidencia "podería ascender incluso a entre un 60 e un 70%, xa que hai que ter en conta que da totalidade de adictos tan só un 30% están a tratamento". Aumentar esta base é precisamente un dos obxectivos fundacionais desta xove asociación, constituída en 2006, e que ata agora conta con medio centenar de asociados.

Para o responsable da Dirección Provincial do Servizo Galego de Saúde, David Simón Lorda, unha das institucións impulsoras das xornadas, estas terán unha importancia estratéxica xa que, "por vez primeira en Galicia, profesionais de tódolos eidos de abordaxe desta patoloxía como educadores, psicólogos e psiquiatras, traballadores sociais e administracións públicas, poderán reunirse e intercambiar experiencias e proxectos".

Unha patoloxía pouco coñecida

O concepto de patoloxía dual refírese á coexistencia dun trastorno por uso de drogas (especialmente cocaína e drogas de deseño) e outros síntomas ou trastornos mentais que interactúan entre eles. Deste modo, o trastorno por uso de substancias pode inducir, empeorar ou atenuar os síntomas psiquiátricos e ao revés, o trastorno mental pode favorecer determinadas condutas de risco, entre elas o consumo de drogas.
A asociación entre ambos incrementa a gravidade e a intensidade dos síntomas, a cronicidade e o grao de discapacidade xerada pola patoloxía mental, á vez que esta pode incrementar a dependencia da substancia ou substancias consumidas. Esto converte á patoloxía nun grave circulo vicioso que incrementa a dificultade de “sair”, e na que inflúen factores de risco como o tipo de substancia consumida, a vía utilizada e a frecuencia de consumo, entre outras.

Na actualidade, Galicia conta xa con unha Unidade de Condutas Aditivas, plenamente integrada. Posta en marcha en Ourense, en xaneiro deste ano, a UCA do Complexo Hospitalario de Ourense integra no marco da sanidade pública e nun único dispositivo, con dependencia funcional do Servizo de Psiquiatría, a asistencia e tratamento das adiccións, ata agora asumida por unidades municipais, asociacións ou organizacións non gobernamentais que está a atender, con referencia de Área, todo tipo de dependencias tanto de sustancias, como de hábitos de conduta, como as ludopatías.
Xunto a posta en marcha da UCA , recórdase que o CHOU ampliou o pasado mes de xullo a súa Unidade de Agudos Psiquiátricos con catro camas mais, co que esta unidade de atención urxente aos procesos e patoloxías mentais aumentou en mais dun 20% a súa capacidade de hospitalización, pasando a contar con 22 camas.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página