Home  
 
 
 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
 

María Devesa

 
  Preto de 2.000 alumnos comezan a partires deste luns os cursos da Concellería de Participación Cidadá do Concello de Ourense nas asociacións veciñais da capital ourensá. O programa amplia este ano a oferta de actividades e número de alumnos, e a concelleira, María Devesa, fará o acto inaugural protocolario ás catro da tarde na Asociación Veciñal de A Follateira. Este mesmo luns comezan xa os primeiros cursos.
 
 
Comezan este luns os cursos do Concello nas asociacións veciñais para preto de 2.000 alumnos  
17 de NOVEMBRO de 2008: OURENSE DIXITAL

A Concellería de Participación Cidadá do Concello de Ourense iniciará este luns, día 17 de novembro, o programa de cursos e actividades que organiza nos locais das asociacións de veciños da cidade. O programa municipal amplía este ano a súa oferta de actividades (15), así como o número de asociacións participantes, un total de 50, e de alumnos, preto de 2.000.

A oferta abrangue cursos de manualidades, encaixe de bolillos, décapege, pintura en madeira, estaño, bisutería, pirogravado, coiro, pintura e debuxo, pintura en tea, bailes latinos, bailes de salón, risoterapia, yoga e Chi-kung. Un total de 50 asociacións acolléronse ó programa, escollendo durante o mes de setembro os cursos do seu interese entre as propostas realizadas pola Concellería de Participación Cidadá.Este mesmo luns comezarán os primeiros cursos: Manualidades nas asociacións de veciños Xuntanza, San Pío X, A Follateira e Ceboliño; Bailes de salón en Cudeiro, Encaixe de bolillos en Tras Estación, e Bisutería en Barrocás e Seixalbo.

Cambio climático e compostaxe

Por outra banda a Concellería continúa a desenvolver dende o pasado día 30 de outubro, un ciclo de charlas sobre o cambio climático e o aforro enerxético nos locais veciñais do casco urbano, cun grande número de cidadáns interesados polo tema.
O mércores, 26 de novembro comenzará nos locais das asociacións do perímetro rural as charlas sobre a compostaxe.
Con estas charlas, preténdese concienciar á poboación da importancia que ten o coidado do noso planeta e de que todos nos impliquemos na súa conservación.

Volver atras
Imprimir Página