Home  
 
 
 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
 

Marga Martín

 
  Un total de 259 alumnos participarán no programa de actividades de ocio e tempo de lecer que organiza a Concellería de Benestar Social do Concello de Ourense dirixidas ás persoas maiores de 60 anos empadroadas na cidade, e que foron presentadas este mércores pola concelleira de Benestar Social, Marga Martín. Pilates, Tai Chi e Música son os cursos novedosos deste ano. Prevese que este ano haxa máis participantes que en cursos anteriores, xa que, de feito, agora mesmo hai lista de espera para algunhas das actividades programadas.
 
 
Máis de 250 alumnos no programa de actividades para os maiores do Concello de Ourense  
6 de NOVIEMBRE de 2008: OURENSE DIXITAL

"Con este sector da poboación paso os meus mellores momentos como concelleira, pola actitude e a confianza que amosan os alumnos en todo momento", dixo a concelleira de Benestar Social do Concello de Ourense, Marga Martín, ao referirse as persoas maiores na presentación, precisamene, das actividades deseñadas polo seu departamento para o novo curso.
As previsión son de que este ano haxa máis participantes nas actividades, xa que nagunhas delas agora mesmo hai lista de espera.

O Concello amplía neste curso a súa oferta de actividades para as persoas maiores incorporando novas propostas, como os cursos e obradoiros de Pilates, Tai Chi ou Música, neste caso coa finalidade de chegar a formar un coro, sinalou a concelleira. Tamén é novidosa a incorporación de clases de manexo do teléfono móbil, que se incluirán dentro dos cursos de informatica.
A oferta de actividades complétase dando continuidade ós obradoiros e cursos que se veñen realizando durante os últimos anos cun elevado nivel de participación (pintura, manualidades, estimulación da memoria, lectura, habilidades sociais, natación, teatro, risoterapia e ximnasia), e a organización, coa colaboración do Restaurante Xesteira, de sesións de bailes para as persoas maiores, de xeito continuado tódolos xoves, entre as 18:30 a 21:30 horas.

O Centro Cívico de Colón co ano novo

Ao anunciar Marga Martín que está previsto que algúns dos cursos programados pasen a impartirse nos novos locais do futuro Centro Cívico de Colón, a concelleira de Benestar Social anunciou tamén a próxima terminación das obras nestas instalacións. De xeito que está previsto que co novo ano, entre os meses de xaneiro e febreiro, o Centro Cívico de Colón entre en servizo. A concelleira ratificou que se estrenaría, precisamente, acollendo algúns destes cursos.

Así mesmo salientou que unha das principais novidades son os bailes para persoas maiores, organizados coa colaboración do Restaurante Xesteira, que se desenvolven tódolos xoves, de 18:30 a 21:30 horas no salón deste establecemento, sito na rúa do Concordia, con entrada gratuíta e abertos a participación de tódalas persoas maiores da cidade que desexen asistir.

Volver atras
Imprimir Página