Home  
 
 
 
 
  Diverso material sanitario que donou o Complexo Hospitalario de Ourense, CHOU, viaxa xa para o Hospital Amadou Sakhir M’Baye da cidade de Louga no Senegal. Este mércores, representantes para a Prevención dos Accidentes de Tráfico recolleron o material debidamente embalado que dona o Complexo Ourensán e que nos próximos días estará ao dispor do Hospital senegalés.
 
 
Diverso material sanitario donado polo CHOU viaxa para o Hospital de Louga, no Senegal
6 de NOVIEMBRE de 2008: OURENSE DIXITAL
   

Agora mesmo ten que estar en camiño. Este mércores saíu con dirección ao porto de Dakar, Senegal, o contixente de material que a través da Asociación para a Prevención dos Accidentes de Tráfico, donou o Complexo Hospitalario de Ourense ao Hospital da cidade senegalesa de Louga.
A partida de axuda humanitaria que se remitirá ao hospital de Louga consiste en material cirúrxico, traumatolóxico e ortopédico, ademais de distinto material téxtil en desuso, por parte do CHOU, e  tres cadeiras de rodas e un andador, doados pola Dirección Provincial do Servizo Galego de Saúde.

A iniciativa a que se suman os dous centros sanitarios públicos de Ourense partiu de Luis Pardo, a Asociación P.A.T, o policía municipal  Maximino Cid Ferro, e a Asociación de Senegaleses en Ourense. O material recollido enviarase ao porto de Dakar (Senegal), sendo o concelleiro rexional do Concello de Louga o encargado de realizar os trámites portuarios e aduaneiros e recoller, xunto con outra persoa designada polo hospital, o material, segundo informa o Servicio Galego de Saúde.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página