Home  
 
 
 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
 

Pérez Bouza

 
  O senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza, valora positivamente que a ministra de Fomento, Magdalena Álvarez, reiterara este luns o seu compromiso co AVE galego, pero o nacionalista advirte de que “se os compromisos non se acompañan de feitos de nada serven as promesas”. Neste sentido, Pérez Bouza demándalle a Fomento que axilice ao máximo a tramitación administrativa do tramo do AVE Lubián-Ourense, “o que acumula un maior atraso e que representa o de maior complexidade técnica”.
 
Noticias Relacionadas
  El AVE conectará con la Meseta en 2012, según la ministra de Fomento
 
 
Pérez Bouza pídelle á ministra que axilice as aduxicacións do tramo Lubián-Ourense  
5 de NOVEMBRO de 2008: OURENSE DIXITAL

“Se non se axilizan os trámites neste tramo e comezan as obras canto antes será materialmente imposíbel que se cumpra a promesa da ministra Magdalena Álvarez de que o AVE chegue a Galiza no 2012”, sinala o senador do BNG por designación autonómica, Xosé Manuel Pérez Bouza, tralo dito este luns en Galicia pola ministra de Fomento, Magdalena Álvarez, ao tempo que sinala que “hai dous tramos nos que Fomento xa podería licitar obra dende hai catro meses”

En concreto, o senador do BNG demándalle a Fomento que proceda á licitación das obras dos tramos Lubián-Vilavella e Vilavella-Vilariño, “que suman un total de 31 quilómetros e que están pendentes de licitación dende o mes de xuño, un atraso totalmente inxustificábel, máxime se temos en conta que as obras se van alongar considerabelmente debido á complexidade orográfica da zona”.

Así, o tramo Lubián-Vilavella, de 15,6 quilómetros, licitouse a redacción do proxecto o 21 de decembro de 2006, cun prazo de execución excepcionalmente alto, de 18 meses, polo que debería estar entregado a Fomento e pendente de licitación das obras dende o 21 de xuño deste ano.
O proxecto do percorrido posterior, entre Vilavella e Vilariño de Conso, de 15,4 quilómetros, tivo que rematarse unhas semanas antes, pois foi adxudicado o 8 de decembro de 2008.

Volver atras
Imprimir Página