Home  
 
 
 
 
  Co patrocinio da Dirección Xeral de Xuventude, CIMO  realiza o día 30 de outubro no salón de actos da  Confederación Empresarial de Ourense a xornada "Creando Empresas", co fin de fomentar tanto de xeito individual como en grupo o desenvolvemento de iniciativas empresariais ou sociais. Sinala o Centro de Información para a Mocidade, CIMO, que un dos obxectivos desta actividade e "dar a coñecer e promocionar a cultura emprendedora a través de accións que difunden todos os aspectos básicos que as persoas emprendedoras demandan á hora de por en marcha a súa idea empresarial".
 
 
CIMO organiza o xoves unha xornada para a creación de empresas e promoción da cultura emprendedora  
28 de OUTUBRO de 2008: OURENSE DIXITAL

O Centro de Información para a Mocidade de Ourense, CIMO, celebrará o vindeiro xoves una xornada adicada a creación de empresas e a promoción da cultura emprendedor.
Esta iniciativa levada a cabo pola área de Autoemprego de CIMO, destaca  por ser unha iniciativa innovadora na difusión da cultura emprendedora  a través de ponencias nas que participarán representantes de diversas entidades, organismos e redes de apoio asi como tamén un panel de experiencias de ambito autonómico no que participarán  xerentes de empresas de recente creación coa finalidade  de compartir con outros emprendedores e emprendedoras as súas experiencias no mundo empresarial. 

A xornada será inaugurada as 10.30 horas contando coa presenza da Dirección Xeral de Xuventude e do Tenente de Alcalde do Concello de Ourense, comezando a continuación as ponencias-relatorios. Destaca CIMO tamén a participación na Xornada do  Director de Emprego e Promoción Económica do Concello de Ourense, Vázquez Barquero, así como a do xerente do Parque Tecnolóxico de Galicia e do Instituto de Desenvolvemento de Caixanova, entre outros.

Todas as persoas interesadas en asistir pódense inscribir a través da web www.cimoemprego.com , ou chamando ao teléfono 988 391515.

Volver atras
Imprimir Página