Home  
 
 
 
 

Cayetano Rodríguez

 
  O Centro de Saúde de Cenlle manterá a praza da médica que ata o de agora ten segundo o asegurou este xoves o secretario Xeral do SERGAS, Cayetano Rodríguez. Así llo fixo saber á deputada do BNG Tereixa Paz, con tal "contundenza" e "clareza", sinala a deputada que preguntou polo asunto, que a nacionalista agradécelle públicamente ao secretario do SERGAS que poña fin á incerteza dos usuarios deste centro médico, ante ás informacións contraditorias que falaban da amortización do posto, xa que a actual médica ten solicitada unha comisión de servizos para trasladarse a Andalucía.
 
Noticias Relacionadas
  Acusan al alcalde de Cenlle de alarmar a los vecinos con la supresión del médico de cabecera
 
 
O SERGAS comprométese a cubrir a vacante da praza da médica do Centro de Saúde de Cenlle  
17 de OUTUBRO de 2008: OURENSE DIXITAL

O secretario Xeral do SERGAS, Cayetano Rodríguez, garantiu que en canto se confirme o traslado da actual médica do Centro de Saúde de Cenlle, que ten pedida unha comisión de servizos para trasladarse a Andalucía, se procederá á substitución da facultativa, negando así as informacións que apuntaban a unha posíbel amortización da dita praza. É decir, que se manterá a praza deste médico no Centro de Saúde de Cenlle.

Polo asunto interesouse a deputada do BNG Tereixa Paz, que acolleu con satisfacción a resposta de Rodríguez, e a quen agradeceu a súa “contundencia” e “clareza” xa que pon fin á incerteza que se estaba xerando no Concello, sobre todo entre os veciños usuarios do Centro Médico, ante as informacións “contradictorias” que se manexaban sobre o futuro da praza a debate.
De feito, o PSOE de Cenlle denunciou que días atrás o alcalde do PP, o veterano Manuel Montero, chegou a celebrar dúas xuntanzas veciñais en Cenlle e na localidade de Laias, para informar aos veciños da inminente perda deste médico no Centro de Saúde.
Así, Tereixa Paz lembrou que mentres o alcalde aseguraba que se ía amortizar a praza, outros membros da corporación municipal, nomeadamente os membros do grupo do PSdeG, garantían que a praza se ía cubrir.

Volver atras
Imprimir Página