Home  
 
 
 
 
Oito de cada dez das 77 centrais hidroeléctricas istaladas na conca hidrográfica do Miño-Sil están en solo galego. A esto hai que engadir os 20 proxectos de aproveitamentos hidroeléctricos con concesión firme e sen proxecto constructivo, e ás 44 solicitudes que se atopan en fase de tramitación. Son algúns dos datos que manexa a deputada do BNG, Olaia Fernández Davila, que ven de plantexar no Congreso dos Deputados unha proposición non de lei para que o Goberno paralice a concesión dos novos aproveitamentos hidroeléctricos no Sil e no Miño. Plantéxase tamén que o Goberno inicie os expedentes de caducidade das concesións.
 
Noticias Relacionadas
  Medio Ambiente admite tramitar concesiones en el Sil y el Miño de más de 1.500 Megawatios
  Perez Bouza alerta de que el proyecto de Iberdrola en Santa Cristina dará la puntilla a la Ribeira Sacra
 
 
 
Olaia Fernández Davila
A deputada Olaia Davila plantexa no Congreso que o Goberno paralice os proxectos do Sil e do Miño
15 de OUTUBRO de 2008: OURENSE DIXITAL

A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, ven de presentar no Congreso unha proposición non de lei na que insta ao Goberno a paralizar a concesión de novos aproveitamentos hidroeléctricos no Miño-Sil. Davila tamén demanda ao Executivo que realice os estudos pertinentes que permitan avaliar o impacto medioambiental e social dos encoros e minicentrais existentes na actualidade na conca do Miño-Sil. Nun terceiro punto, a deputada nacionalista empraza ao Goberno a iniciar os expedentes de caducidade sobre as concesións de aproveitamentos hidroeléctrico.

Na súa iniciativa parlamentar, a deputada do BNG pón de manifesto "a elevada presión que soporta a conca hidrográfica do Miño-Sil, na que están ubicadas 77 centrais hidroeléctricas, máis do 80% delas en territorio galego".
Olaia Fernández Davila salienta que "a este feito hai que sumar os proxectos de encoros que se atopan en fases de tramitación e cuxa autorización é  responsabilidade final do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño".

Neste sentido, alude aos 20 proxectos de aproveitamentos hidroeléctricos con concesión firme e sen proxecto constructivo, e ás 44 solicitudes que se atopan en fase de tramitación.
A deputada nacionalista subliña ao Goberno que debe ter en conta que se trata dunha conca moi castigada polo importante número de encoros que ten, "por iso é de máxima necesidade que se paren este tipo de construccións", conclúe a exposición da parlamentar do BNG.

Volver atras
Imprimir Página