Home  
 
 
 
 
  Coincidindo co Día Europeo pola Seguridade Viaria, o Tenente Alcalde, Alexandre Sánchez Vidal, o Concelleiro de Mobilidade, Andrés García Mata, e o Concelleiro de Seguridade, Fernando Varela, presentaron este lunes o Plan Estratéxico de Seguridade Viaria de Seixalbo 2008. Segundo dixo o delegado en Galicia da Asociación de Prevención de Accidentes de Tráfico (PAT, Maxi Cid, trátase dunha iniciativa xa implantada noutros lugares e que "aborda  a cuestión da convivencia entre peóns e veículos, deixando patente a necesidade de desenvolver ferramentas de pacificación do tránsito". Pola súa banda, Sánchez Vidal destacou que se trata de un proxecto consensuado coa veciñanza de Seixalbo e, polo tanto, non imposto.
 
 
Seixalbo convírtese no primeiro sitio da cidade que limita a velocidade dos coches a 30 por hora  
14 de OCTUBRE de 2008: OURENSE DIXITAL

A partires deste luns ponse en marcha o Plan Estratéxico de Seguridade Viaria, que se traducirá na declaración de Seixalbo como "zona 30". Esto quere decir que 30 quilómetros/hora é o límite de velocidade dos coches que por aquí transiten.
Trátase, se dixo, dunha medida adoptada nun área na que, malia non ser nin peonil nin residencial, considerouse preciso priorizar o tráfico de viandantes. Esta acción combinarase con outros elementos que conviden a redución da velocidade, como elevacións da calzada, pavimentos especiais, mobiliario urbano ou desviacións do eixo de traxectoria dos veículos.

O Tenente Alcalde, Alexandre Sánchez Vidal destacou a importancia desta acción, que, segundo Sánchez Vidal, "aposta pola humanización do área de Seixalbo e pola seguridade e o benestar dos veciños". Así mesmo destacou o titular de Tenencia de Alcaldía de que se trate dun proxecto que contén unha serie de medidas negociadas e consensuadas previamente cos veciños, "de xeito que é froito do consenso e non terá carácter coercitivo".
Sánchez Vidal destacou tamén que é un proxecto no que "prima a xente do común, a xente sobre o automóbil, ademáis de ser un proxecto totalmente aberto e participativo".

Volver atras
Imprimir Página