Home  
 
 
 
 
  O Grupo do PSOE no Concello de Barbadás acusa ao alcalde e ao Partido Popular, Goberno neste Concello, do aillamento que viven os veciños de Sobrado, que os socialistas xa din que "chega a ser preocupante". O portavoz socialista, Xosé Carlos Valcárcel, acusa ao Partido Popular de "estar discrimando aos veciños de Barbadás segundo o lugar onde viven". Aínda que a situación alcanza aos veciños de varias localidades deste Concello, o caso máis "preocupante" para o PSdeG-PSOE é o de Sobrado, onde os veciños só dispoñen dun servicio de transporte pola tarde de luns a venres, e ningún os fins de semana.
 
 
O PSOE de Barbadás acusa ao PP e ao alcalde de tratar aos veciños "segundo o lugar onde viven"  
7 de OUTUBRO de 2008: OURENSE DIXITAL

O Grupo Municipal Socialista denuncia que o Goberno de Barbadás discrimina aos veciños e veciñas dos núcleos máis rurais do Concello, en canto centraliza toda as actividades lúdicas, culturais e deportivas en A Valenzá. O portavoz socialista, Xosé Carlos Valcárcel, chega a decir que o Partido Popular co alcalde ao frente, José Manuel Freire Couto, trata aos veciños de Barbadás "segundo o lugar onde viven".
O portavoz socialista demanda, sinala que por segunda vez, ao Partido Popular, que "descentralice as actividades que se organizan dende o Concello", aínda que matiza que "en ningún caso estamos a pedir que se reduza o número de actividades en A Valenzá".

Recorda o PSOE que no mes de decembro de 2007, o Grupo Municipal Socialista presentou unha moción reclamando ao Goberno Local que todas as actividades lúdicas, culturais e formativas que se organizasen dende o Concello se extenderan ao medio rural "co fin de que todos os veciños e veciñas tiveran as mesmas oportunidades de participar".
A poucos meses de que se cumpra un ano da presentación de dita moción, recorda Xosé Carlos Valcárcel, "o Partido Popular non fixo nada para solucionar o problema, a pesar de que foi aprobada por unanimidade" a moción en cuestión.
Segundo o portavoz do PSdeG-PSOE, "os máis afectados por esta situación son os nenos e nenas de Barbadás e as persoas maiores".

O caso de Sobrado

Sinala o Grupo do PSdeG-PSOE que o pobo que máis problemas de comunicación padece é Sobrado, situado a tan só dez minutos da capital da provincia. Para Valcárcel en moitas ocasións a situación chega a ser "preocupante", xa que di o socialista que en toda a tarde tan só hai un servizo de autobús coesta localidade, "o que dificulta que os veciños e veciñas poidan desprazarse ata A Valenzá para desfrutar das actividaes de ocio".
"Este aillamento é aínda máis profundo durante as fins de semana cando non hai ningún tipo de servizo de autobús", sinala o portavoz socialista.

Nesta situación, o Grupo do PSOE anuncia que xa plantexou por Rexistro do Concello varias preguntas para que lle sexan respostadas en pleno, nas que se piden explicacións sobre se o alcalde ten pensado facer algo ao respecto, e se xa se fixo algún tipo de xestión coa empresa concesionaria do servizo de transporte por estrada con Sobrado para porlle fin ao problema do illamento.

Volver atras
Imprimir Página