Home  
 
 
 
 
  Tecnópole, no Parque Tecnolóxico de Galicia en San Cibrao, anima aos profesores e alumnos dos centros escolares galegos a participar na segunda edición da "Galiciencia", a feira científica que o Parque Tecnolóxico de Galicia organiza no marco da Semana da Ciencia promovida pola Dirección Xeral de I+D+I da Consellería de Innovación e Industria. A "Galiciencia" é unha mostra aberta á participación de estudantes de todos os cursos de Primaria, ESO e Bacharelato, sempre que conten coa axuda dun profesor que actúe como titor do proxecto.
 
 
Tecnópole anima aos centros escolares a participar na "Galiciencia" a celebrar no Auditorio de Ourense  
6 de OCTUBRE de 2008: OURENSE DIXITAL

O evento, que terá lugar entre o 18 e o 20 de novembro no Auditorio de Ourense, prevé bater este ano un novo récord de visitantes. Logo de rondar os 2.000 na edición de 2007, agárdase acadar os 2.500 este ano, co incentivo que suporá a organización de actividades fóra do recinto principal coa iniciativa "Galiciencia na rúa".

A "Galiciencia" é unha mostra aberta á participación de estudantes de todos os cursos de Primaria, ESO e Bacharelato, sempre que conten coa axuda dun profesor que actúe como titor do proxecto. O prazo para presentar a solicitude dun stand na feira remata o día 15 de outubro e a aceptación dos proxectos seralles comunicada aos responsables nos dous días seguintes.
O obxectivo da "Galiciencia" é ser un punto de encontro entre os investigadores máis novos de toda Galicia, aínda que tamén virán presentar os seus proxectos escolares doutros puntos de España, como vén sendo costume xa desde a "Expociencia", o certame organizado pola Tecnópole en 2006 e do que naceu a "Galiciencia". Na edición de 2007 un total de 85 estudantes presentaronlles 31 proxectos diferentes aos visitantes, que votaron aos tres gañadores.

As bases para a participación pódense consultar na web da Tecnópole (www.tecnopole.es), onde tamén se habilitou un formulario para tramitar a asistencia de grupos escolares en calidade de visitantes.

Volver atras
Imprimir Página