Iago Tabarés rexistrou unha iniciativa parlamentar na que se fai eco das eivas denunciadas pola Xunta de Persoal nun edificio que entrou en funcionamento hai tan só uns meses, o de Bande. "Eivas que, malia ter sido resoltas con axilidade por parte da Xunta nalgúns casos, aínda quedan cousas por resolver e non se deu cunha solución definitiva", sinala o parlamentar nacionalista.
Neste sentido, Iago Tabarés salienta, por exemplo, os problemas de saneamento "que están a provocar importantes molestias tanto a traballadores como usuarios pois afectan, especialmente, ás dependencias do rexistro civil e aos servizos públicos", sinala o parlamentar.
O deputado lembra a importancia desta infraestructura, pois permitiu dotar á administración de Xustiza, ao partido xudicial de Bande, que abrangue os concellos de Calvos de Randín, Entrimo, Lobeira, Lobios, Muiños, Padrende e Vera, de dependencias propias, superando a anterior situación na que compartía inmóbel coas dependencias do Concello.
Ante o exposto, Tabarés considera que a Xunta debe axilizar as actuacións previstas para acondicionar correctamente e de forma definitiva o edificio e determinar as responsabilidades das deficiencias detectadas.
|
|