Home  
 
 
 
JOSE CERDEIRA 
 

Francisco Rodríguez, alcalde

 
  Sinala o Concello de Ourense que o núcleo de Lugar do Monte, pertencente a Vilar de Astrés, dispón actualmente de rede de abastecemento, ainda que presenta un importante problema coas augas residuais ó non dispor de rede de saneamento e estar ante un terreo moi rocoso, o que non permite unha boa filtración ó terreo.
Para ter un servicio en condicións é precisa unha invesión de preto de 97.000 euros.
 
 
Dotar de saneamento en condicións a Lugar do Monte de Vilar de Astrés, custará 96.000 euros  
1 de OCTUBRE de 2008: OURENSE DIXITAL

O alcalde, Francisco Rodríguez, e o concelleiro de Medio Ambiente, Demetrio Espinosa visitaron este martes a localidad de Luigar do Monte, en Vilar de Astrés, para presentar os veciños o proxecto elaborado polo Concello, que ten un orzamento de 96.937,01 euros e un prazo de execución de 3 meses. As obras forman parte do programa de actuacións que desenvolve o Concello para a mellora de saneamento no perímetro rural, e financiaranse co apoio da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

Sinala o Concello de Ourense que o núcleo de Lugar do Monte, pertencente a Vilar de Astrés, dispón actualmente de rede de abastecemento, ainda que presenta un importante problema coas augas residuais ó non dispor de rede de saneamento e estar ante un terreo moi rocoso, o que non permite unha boa filtración ó terreo. No núcleo hai actualmente 15 vivendas, ainda que o proxecto está dimensionado cunha proxección de poboación futura de 27 vivendas.

Na actualidade a rede xeral de saneamento máis próxima atópase en Vilar de Astrés na estrada de Lugar do Monte, atopándose o fin de rede á altura do campo de fútbol. Estudiada a cota de conexión e a sección do tubo onde conectarse, o proxecto prevé que as augas procedentes de Lugar do Monte cheguen ata este punto.

As obras inclúen a a instalación de 550 metros de tubería de PVC de 250 cm de diámetro e a execución de 13 pozos de rexistro, e un pozo de bombeo de augas residuais que permita bombear un caudal de 31 litros por segundo a unha altura de 40 metros para chegar ó pozo de rexistro existente no campo de fútbol, a instalación dunha tubería de impulsión de 305 metros, ademáis da reposición do firme e servicios afectados.

Volver atras
Imprimir Página