Home  
 
 
 
 
  Os novos emprendedores xa poden optar a un espazo no novo Centro de Iniciativas Empresarias do Concello de Ourense. Este martes, o concelleiro de Economía e o director xeral de Promoción económica e emprego fixeron públicas as bases para poder optar a ser un dos proxectos elexidos e, polo tanto, poder ubicarse nun dos nove nidos cos que conta este CIE. Valorarase a factibilidade do proxecto, o carácter innovador da actividade, o fomento do emprego e a participación do proxecto nalgún programa ou iniciativa municipal. Exclúense proxectos daquelas empresas que non poidan ser consideradas PYMES e decir, as grandes empresas.
 
 
JOSE CERDEIRA      
Agustín Fernández
Saen a concurso os nove nidos do novo Centro de Iniciativas Empresarias para emprendedores
24 de SETEMBRO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

O concelleiro de Economía, Facenda, Emprego e Promoción económica, Agustín Fernández e o director xeral de Promoción económica e emprego, José Ángel Vázquez Barquero, presentaron esta mañá no salón de plenos a convocatoria do Concello para a adxudicación de nidos empresariais a novos emprendedores no Centro de Iniciativas Empresariais. O obxectivo fundamental da convocatoria "é a creación de emprego e riqueza no texido productivo do municipio de Ourense". Preténdese facilitar o establecemento, arranque e consolidación de novas empresas, e a viabilidade de empresas existentes para a súa posterior inserción no mercado.
A convocatoria está baseada nun proceso aberto de estudio e de adxudicación de espacios. Os proxectos elexidos serán os que máis puntos obteñan, atendendo ós seguintes criterios: a factibilidade do proxecto, o carácter innovador da actividade, o fomento do emprego e a participación do proxecto nalgún programa ou iniciativa municipal.

O Centro de Iniciativas está destinado a empresas de nova ou recente creación, considerando como antiguedade máxima do negocio un ano. Quedan excluídas do centro as empresas que non poidan ser consideradas PYMES.

O edificio do CIE, situado no num. 1-A da rúa Padre Feijóo, conta con nove despachos para emprendedores, equipados con mobiliario, equipos informáticos, teléfono, fax e conexións a Internet. Ademais dunha sala de xuntas, un salón de actos, sala de informática con oito ordenadores e plotter e outros servicios comúns, como servicio de limpeza ou conserxería.

O CIE presentará os seguintes servicios: identificación de novas actividades económicas e posibles emprendementos,  formación e asesoramento a futuros emprendedores, apoio técnico na iniciación de proxectos empresariais, apoio ós promotores das empresas unha vez constituídas, acceso ás bases de datos dos demandantes de emprego, e a cesión de locais ou módulos ós novos emprendedores por un período de 12 meses, prorrogable anualmente, e establecendo como período máximo de ocupación os 36 meses.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página